Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cursos-talleres

Kit de Intervención en Pedagogía de Emergencia

Imagen
  ¿Recuerdas el seminario "No hace falta ver el fuego para saber que el mundo está en llamas? Aunque la edición prevista para julio no se puedo realizar por no alcanzar el mínimo de participantes, los ponentes te invitan a participar en este seminario online gratuito. Kit de Intervención en Pedagogía de Emergencia (40 horas) Aprende herramientas y recursos para acompañar a niños, adolescentes y adultos afectados, directa o indirectamente, por eventos traumáticos y grandes catástrofes. Fechas: Domingos 2, 9, 16 y 30 de agosto; 6, 13, 20 y 27 de septiembre. Horario: 15:00 a 20:00 h Dirigido a docentes, familias, personal sanitario, psicólogos/as, terapeutas, educadores/as sociales, cooperantes, voluntariado y todas las personas comprometidas con el acompañamiento en situaciones de crisis. Inscripciones e información: Únete al grupo de WhatsApp: https://chat.whatsapp.com/CzbWN0fJre5DeNoDJxpAsA Coordinación: Jennifer Tovar (Venezuela) Guille Mealla y Diana Tessari (España)

Programación do Ler conta moito

Imagen
Este ano, a través do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia realizaremos na biblioteca dous obradoiros: un baseado nas ciencias con experimentos que nos descubrirán a algunhas das grandes científicas galegas e outro máis artístico, de lettering . Máis adiante publicaremos os horarios e xa vos poderedes apuntar.  

Taller de memoria

Imagen
O venres 13 de marzo iniciamos unha nova edición do taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos. Do mesmo xeito que facer exercicio físico é bo para o noso corpo, o adestramento cerebral axúdanos a manter a nosa memoria e mente sa, contribuíndo a un mellor funcionamento. As clases, que serán totalmente prácticas impartiranse na biblioteca municipal os venres de 16:00 a 17:30 horas.

Curso para usar caixeiros de forma fácil e segura.

Imagen
Abanca organiza en colaboración co concello de Esgos un curso dirixido ás persoas maiores para aprender a usar os caixeros automáticos. O xoves 26 de febreiro ás 18:00 h no Centro Cultural Parada Justel persoal de Abanca ensinará a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais de maneira fácil e segura en calquera momento. Máis información na oficina de Abanca do Concello de Esgos ou nas oficinas municipais.

Contacontos de entroido

Imagen
O luns de entroido na biblioteca, contacontos a cargo de Elena Rodríguez Rivas. Dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos. Agardámosvos ás 18h  

Curso Ferramentas de Intervención Xerontolóxica e Acompañamento Dixital

Imagen
Queres participar nun curso de promoción da saúde, o benestar e a autonomía das personas maiores? O Concello de Esgos organiza o curso "Ferramentas de Intervención Xerontolóxica e Acompañamento Dixital" do proxecto "Ourense Reto Dixital" da Deputación de Ourense, no que os participantes aprenderán a instalar nos seus teléfonos e a usar aplicacións para mellorar a memoria, promover o deporte... Para que se poida realizar o curso en Esgos necesítase un mínimo de participantes polo que se estás interesado inscríbete o antes posible. Duración: 7.5 horas distribuídas en 3 sesións Destinatarios: Maiores de 65 anoscur Inscricións: Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca

Formación online para a cidadanía

Imagen
Queres formarte de maneira online en competencias dixitais? O Concello de Esgos únese ao proxecto "Ourense Reto Rural Dixital" da Deputación de Ourense, que ten previsto capacitar a 6.000 personas de zonas rurais mediante cursos presenciais e virtuais, cunha duración de 7,5 horas centrados en la adquisición de competencias dixitales básicas.  🔝 As personas destinatarias poden ser menores, personas maiores ou cidadanía en xeneral tanto ocupados coma desempregados. ✔ Intelixencia Artificial ✔ Ciberseguridade ✔ Plan dixital familiar ✔ Realidade virtual e STEAM ✔ Competencias dixitales básicas e avanzadas Se queres realizar algún dos cursos de maneira online podes inscribirte en https://retodigital.depourense.gal/ Máis info na biblioteca de Esgos

CURSOS GRATUITOS EN COMPETENCIAS DIXITAIS

Imagen
Dende o Concello coa Fundación Cibervoluntarios propoñemos formacións gratuitas en competencias dixitais para o vindeiro ano.  Propoñemos 2 cursos: Ocio dixital e Tecnoloxía e Benestar. Cada curso ten unha duración de 12 horas que se repartirán en 4 días (3 horas/día) Os cursos están destinados á poboación en xeral de entre 18 e 59 anos e tamén ás persoas maiores de 60 anos.  Para que se poida celebrar algún dos cursos necesítase un mínimo de 8 participantes inscritos con antelación polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na biblioteca o antes posible. Máis info na biblioteca.  

Día de las bibliotecas: Manual para vivir en el rural

Imagen
Segundo a IA:  A finalidade das bibliotecas é proporcionar acceso á información, o coñecemento, a cultura e o lecer, actuando como centros comunitarios para a aprendizaxe, a colaboración e a expresión.  As súas funcións inclúen a preservación do patrimonio cultural, a promoción da lectura e a alfabetización, o asesoramento aos usuarios, e a creación de espazos físicos e dixitais que fomenten a socialización e o desenvolvemento persoal e profesional. Partindo entón da biblioteca como centro comunitario que fomenta a socialización para a aprendizaxe e a colaboración propoñémosvos para celebrar o Día das bibliotecas (24 de outubro) que participedes na elaboración dun "manual" para vivir no rural. Trátase de recompilar esas normas non escritas que todo persoa que vive nun pobo coñece e que lle resultan curiosas a visitantes e novos veciños. Sirvan de exemplos: Se te atopas con alguén polo camiño saúdase e se esa persoa faiche preguntas... pois as contestas, que non é por rexouba...

Escola de música tradicional

Imagen
O día 13 de setembro ás 18:00h daremos inicio ás clases da escola facendo unha pequena reunión cos pais e nais de todos os rapaces e rapazas que queiran seguir na escola ou ben comezar de cero.  As rapazas e rapaces poderánse apuntar a partir dos 3 anos para adiante e as clases serán os sábados pola tarde, grupais, nun horario a determinar o día da reunión en base ao alumnado que desexe apuntarse. Agardámosvos a todxs na praza da Souteira (Esgos) o día 13!!

Escape room: O lobishome é de Esgos

Imagen
  Manuel Blanco Romasanta, o home do unto é de Esgos (naceu en Regueiro) aínda que moitos o chamen “o home lobo de Allariz”. Alguén tentou destruir o documento que o acredita. Axúdasnos a recuperalo? Baixo esta idea creamos dende a biblioteca o escape room "O lobishome é de Esgos" dirixido á mocidade de Esgos (de entre13 e 20 anos). Inscricións na biblioteca! Agardámosvos o mércores 30 de xullo ás 12:00h  Aviso: A biblioteca estará pechada o mércores 30 pechada para o desenrolo desta actividade.

Escape room na biblioteca

Imagen
  Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñemos unha actividade moi divertida para a rapazada (maiores de 10 anos): "Escape room os misterios da biblioteca" Plantexarémosvos unha situación de partida e teredes que ir descubrindo mediante o inxenio e cooperación formas de avanzar solucionar acertixos, claves, enigmas... para descubrir os misterios que agocha a biblioteca e poder saír da mesma antes de 60 minutos. Inscríbete na biblioteca! Agardámosvos o venres 30 de maio ás 18:00 horas. A biblioteca estará pechada este día por mor desta actividade!  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia para as bibliotecas.

Campamento digital para niños, niñas y adolescentes.

Imagen
Desde el Ayuntamiento de Esgos tratamos de organizar para este verano en la biblioteca un campamento digital con el objetivo de formar a niños, niñas y adolescentes en competencias digitales. Este proyecto, que combinará 30 horas de formación presencial y online, se desarrollará durante una semana de verano en horario intensivo de mañana.  Destinatarios: niños y niñas de entre 9 y 13 años y adolescentes de entre 14 y 17 años. Para que pueda llevarse a cabo se necesita un mínimo de participantes, por lo que las familias que estén interesadas deben inscribirse en la biblioteca. Actividades adaptadas a cada edad para que aprendan de forma práctica y divertida: Campamento Digital es una iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro del Programa de Competencias Digitales para la Infancia, CODI, puesto en marcha por el Ministerio de Juventud e Infancia, financiado por la Unión Europea-Next Generation EU. Más información en la biblioteca. 

Obradoiro de pintura en familia

Imagen
  O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc.  Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)

Charla informativa sobre servizos online da administración

Imagen
Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía solicitaremos á Subdelegación do Goberno unha nova xornada informativa dentro do programa "A administración preto de ti" pero, diferente das anteriores. Nesta ocasión o que propoñemos é unha charla informativa pola mañá para dar a coñecer entre a veciñanza os servizos que maior interese xeran do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) como son: as prestacións e subsidios por desemprego, os requisitos e trámites precisos para acceder á xubilación, informe de vida laboral e cotizacións, realización de xestións a través da sede electrónica, entre outros. Para poder levala a cabo é preciso un mínimo de asistentes polo que as persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca.

A administración preto de ti

Imagen
  Co fin de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía o Concello de Esgos solicitará á Subdelegación do Goberno unha nova xornada de "A administración preto de ti". Para poder levala a cabo é preciso un mínimo de asistentes polo que as persoas interesadas deberán inscribirse nas oficinas municipais ou na biblioteca. A xornada celebrarase en horario de mañá. Os asistentes que o desexen e acudan o día da xornada co DNI en vigor poderán obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente para a realización de trámites perante as administracións públicas evitando así desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas. Exemplos de trámites que se poden realizar co certificado dixital: Solicitar e tramitar subvencións Solicitar ou calcular a idade de xubilación Solicitar o Bono Cultural Joven Solicitar a tarxeta sanitaria europea Obter o informe de vida laboral Consultar o saldo de puntos do carné de conducir Solicitar a prestación por desempleo ou ...

Programación do verán

Imagen
Actividades previstas para este verán 2024:  Ampliararase información para cada unha delas

Curso de cociña para a mocidade

Imagen
  Aproveita o verán e apúntate ao curso de cociña que impartirá o concello no local social de Rezomilo, en Vilar. Luns 29 de xullo ás 10:30 horas Ademais de aprender a cociñar platos básicos aprenderemos que as tarefas de cociñar e limpar non están asignadas ao xénero feminino. Inscríbete presencialmente na biblioteca ou a través do whastapp. Prazas limitadas! AVISO: A biblioteca permanecerá pechada o luns 29 xa que estaremos neste curso!!

As cousas pequenas contan

Imagen
O vindeiro martes os nenos e nenas do campamento de verán participarán no obradoiro creativo "As cousas pequenas contan" Os obxectos que atopamos no teu fogar poden converterse, grazas ao poder da imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras.  - Martes 9 de xullo ás 11:30h na biblioteca municipal de Esgos Se algún cativo que non asiste ao campamento quere participar neste obradoiro debe inscribirse na biblioteca o antes posible, xa que as prazas son limitadas. Este obradoiro forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Xunta de Galicia

Curso de socorrismo para rapaces

Imagen
  O vindeiro luns os nenos e nenas que o desexen poderán asistir na piscina municipal a unha CLASE DE SOCORRISMO na que se lles ensinarán de forma divertida as distintas técnicas de rescate e socorrismo para evitar desgustos na auga. 📆 Luns 8 de xullo ás 16:00h na piscina municipal. 🔹 Prazas limitadas. Inscricións na piscina. 🔸 Requisitos: saber nadar e ter ata 16 anos Obxectivos: - Promover a seguridade na auga e a prevención de accidentes acuáticos - Fomentar a responsabilidade e ou respecto polas normas de seguridade na piscina. - Iniciar aos participantes entécnicas de salvamento e socorrismo. O curso será impartido de maneira gratuita polo club de salvamento e socorrismo de Ourense SALVOUR en colaboración coa Deputación de Ourense e terá unha duración aproximada de entre 60 e 90 minutos dependendo do número de participantes.