Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

Elaborando un herbario

Imagen
Nestes días os máis pequenos estiveron a elaborar na biblioteca un herbario. Comezamos recollendo as follas e secándoas prensándoas con papel de periódico. O seguinte paso foi elaborar a portada e as distintas páxinas usando materiais reciclados. Despois, pegamos as follas no herbario e con rotulador escribimos o nome das distintas follas de árbores e prantas. Para finalizar, atamos todas as páxinas cun bonito lazo.

Concello de Esgos no Facebook

Imagen
Dende fai un par de semanas podedes informarvos de todas as novas do concello tamén a través da rede social Facebook . Espero que esta iniciativa sexa do voso agrado.

XII Feria agro ambiental de O Pinto

Imagen
Data: sábado, 7 de agosto Lugar: O Pinto

Cine caixanova

Imagen
Dia: Sábado, 17 de xullo Hora: 22.30 horas Lugar: Local social de Vilar

Ourense lúdico

Imagen
Todos os luns do verán os máis pequenos poderán disfrutar de xogos dentro do programa "Ourense lúdico" . Hora: de 11 a 13 horas Lugares: Praza da Souteira (Esgos): todos os luns de xullo e o primeiro luns de agosto Local social de Vilar: a partir do segundo luns de agosto.

Entrega de diplomas do taller de memoria

Imagen
Coa entrega de diplomas dase por finalizado esta edición do "taller de memoria", que organiza Servizos Sociais do concello de Esgos. O alcalde, o concelleiro de Asuntos Sociais, a Traballadora Social e o profesor entregaron os diplomas ós alumnos nun acto, no que tamén se aproveitou para mostrar as fotografías da viaxe cultural que fixeran no mes de marzo.

Fin de curso de Tai-Chi

Imagen
O curso de Tai-Chi que viñan celebrando as "mulleres rurais" dende o outono pasado deuse por rematodo cunha merenda o pasa mes de xuño. As alumnas agradeceron a labor do profesor cun pequeno agasallo. Ata o curso que ven!!!