Entradas

Mostrando entradas de julio, 2013

Visita á alfarería Alto do Couso

O venres 2 de agosto está prevista unha saída dos nenos  do campamento urbano á Alfarería Alto do Couso , polo que non haberá actividades para os nenos na praza da Souteira. Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán: Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma. Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da alfarería Alto do Couso ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas.

MiCasaAsalvo durante las vacaciones

#MiCasaAsalvo es una iniciativa del Ministerio del Interior para trasladar a todos los ciudadanos unos sencillos consejos del Cuerpo Nacional de Policía y la Guardia Civil que ayuden a evitar el robo en nuestras viviendas durante esos días de vacaciones en los que estamos fuera. Toda la información en: http://www.micasaasalvo.com/

Campamento urbano "verán Esgos 2013"

Imagen
O luns 15 de xullo comezará o "campamento urbano Esgos 2013" que coma o ano pasado está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. De luns a venres de 10:30 a 13:30 horas os nenos e nenas realizarán manualidades, xogos, obradoiros, etc. Este actividade é gratuita.

Campamentos de verán na provincia de Ourense

Imagen
Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense A Deputación de Ourense xunto con Concello de Celanova, promoven o Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense,  dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 15 anos. Trátase dun campamento baseado no coñecemento da provincia de Ourense que se levará nas instalacións do Albergue Municipal de Celanova durante o mes de agosto cunha duración semanal (5-10; 12-17; 1-24; 26-31 de agosto). Por unha banda realizaránse xogos temáticos en Castromao e na Vila de Vilanova dos Infantes, así como visitas á Baixa Limia, Muiños e Bande. Os obradoiros abranguen diversas actividades: xogos tradicionais, diario con material para reciclaxe, títeres, fíos e pulseiras... O custo da estadía semanal é de 100 euros todo incluído. Máis información na biblioteca municipal ou directamente cos organizadores no número de teléfono 661120370. Campamento de verán no  complexo turístico deportivo "O Corgo" (Muíños) O Concello de Muíños xunto coa Deputación

Bibliopiscina

Por segundo ano consecutivo os nenos e maiores que acudan á piscina municipal poderán facer uso dos libros da biblioteca municipal que deixamos no bar das piscinas.

Lecer no verán

Imagen
Xogos, manualidades, obradoiros, etc dirixidos a nenos de 6 a 12 anos Data: Mércores 3 de xullo Hora: de 10:30 a 13:30 horas Lugar: Praza da Souteira, Esgos