Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2014

Clases de gaita e pandereta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso o sábado 4 de outubro. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición. As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

"Contos do mundo" na biblioteca

Imagen
Hoxe puidemos desfrutar na biblioteca do contacontos "Contos do mundo: Unha viaxe polo mundo a través dos contos. Este ano visitamos América Central" ó que asistiron 22 nenos e nenas. Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.

Sección de novidades na biblioteca

Imagen
Incorporamos ó fondo da biblioteca municipal novos exemplares, nos que se menciona ó noso Concello: Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e de Allariz-Maceda, de José Antonio Gavilanes Mascaradas de la península Ibérica , de Oscar J. González Aínda que non son novidades, tamén pasan a formar parte da nosa biblioteca exemplares de Arturo Pérez Reverte, Stieg Larsson (colección Milenium) e para os máis pequenos Os Bolechas e Gerónimo Stilton, entre outros.

Cuarteto de saxofóns Skirion en San Pedro de Rocas

Imagen
O domingo 28 de setembro ás 19:00 horas poderemos desfrutar no Mosteiro de San Pedro de Rocas da actuación do Cuarteo de saxofóns Skirion. Esta actuación forma parte da programación de Espazos Sonoros, músicas en espazos de interese cultural, da Xunta de Galicia. Máis información en http://espazossonoros.org/

Contacontos na biblioteca

Imagen
Os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ó espectáculo de contacontos "Contos do mundo", o vindeiro venres 26 de setembro ás 18:30 horas, enmarcado no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura. Contos do mundo é unha viaxe polo mundo a través dos contos, unha viaxe a América Central a través dos cinco sentidos.

Excursión ás Cíes

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" está a organizar unha excursión ás illas Cíes, Cangas e Moaña para o sábado 20 de setembro. O prezo da viaxe é de 45€ para as mulleres socias e familias e 48€ para as non socias. Este prezo inclúe: Saída ás 8 da mañá dende Esgos, visita a Moaña, co seu típico mercadillo, xantar, saída en barco desde Cangas ás Cíes, visita ás Cíes e regreso a Esgos ¡¡¡ Apúntate no Concello ou chamando a Chus ou Noemí !!!

Horario da biblioteca

O verán xa está rematando e a biblioteca volverá a abrir polas tardes. A Partir do luns 15 o horario de apertura será de 17:30 a 20:30 horas.