Entradas

Mostrando entradas de julio, 2022

Contos animados

Imagen
O contacontos "Contos animados" que estaba previsto para o 3 de agosto cámbiase para o 4 de agosto: ás 11:30 na biblioteca de Esgos. Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Novas incorporacións en galego

Imagen
 Esta semana incorporamos ao catálogo novidades en galego O catálogo da nosa biblioteca pode consultarse en:  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Presentación do libro Esta (sí) soy yo

Imagen
A nosa veciña Lourdes Pazo presentará o venres o seu libro Esta (sí) soy yo, sobre saúde mental: narra a súa estancia ingresada no Álvaro Cunqueiro por un trastorno psiquiátrico. 📆 Venres 29 de xullo ⏰ 20:30h 📌 Centro Cultural Parada Justel (Esgos)  

Venres de cine

Imagen
O venres 22 de xuño ás 22:30h poderemos desfrutar dunha sesdión de cine no centro Cultural Parada Justel.

Seminario de elaboración de xabóns

Imagen
Seminario de elaboración de produtos de limpeza naturais (xabóns e deterxentes), utilizando como materia prima entre outros, aceites de refugallo, flora ornamental, plantas con  propiedades medicinais, poñendo en valor tanto a sustentabilidade como a natureza da contorna. 👉 Mércores 20 de xullo, de 16:00 a 20:00 h. - Local de Rezomilo (Vilar) 📝Para asistir ao seminario é preciso inscribirse no concello. Prazas limitadas.  Organiza: Grupo De Desenvolvemento Rural Adercou xunto coa Escola de Hostalería e Turismo de Ourense

Contacontos Dada o duende

Imagen
O xoves 14 de xullo temos sesión de contacontos da man do Duende Dada, que nos deleitará cun repertorio de contos marabillosos nos que os protagonistas son os animais. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector, así como respecto pola naturaza e amor polos animais. Lugar: biblioteca municipal Data e hora: xoves 14 ás 11:30h Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Verán cultural 2022

Imagen
  O verán a Esgos chega cargado de actividades culturais e de ocio: contacontos, obradoiros, cine, concertos… Isto só é un adianto, xa que iremos publicitando os eventos a medida que se achegue o día por si houbera algún cambio de data ou horario. Os máis pequenos xa participan de luns a venres polas mañás nas actividades do campamento de verán, pero ademais, poderán desfrutar de contacontos no mes de xullo e agosto organizados dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia. En agosto tamén contarán cunha xornada de xogos tradicionais. Tamén teremos dúas sesións de cine «Cuñados» en xullo e «Life is live» en agosto. Ademais do concerto de «Brañas Folk», todo dentro do programa da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense. Ademais, os veciños e veciñas poderán participar nun obradoiro de elaboración de xabóns e deterxentes naturais para o que é necesario inscrición previa, e na presentación do libro da nosa veciña Lourdes Pazo.  

Novidades editoriais en galego

Imagen
  Ampliamos o catálogo con estas novidades editoriais en galego: Xa están dispoñibles para préstamo.

Horario de verán

A partir do luns a biblioteca muda o seu horario ao de verán: De luns a venres de 11:30 a 14:30h Agardámosvos!