Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Dia da Muller

Imagen
Para conmemorar o Dia da Muller queremos facer un mural na biblioteca coas vosas fotos de “mulleres traballadoras” , tanto antigas como actuais. Esperamos xuntar fotos de moitos traballos diferentes: repartindo o correo, conducindo un autobús, mirando a tensión, impartindo clase, levantando unha parede, servindo café, vendendo roupa, facendo a comida, coidando nenos, limpando, coidando o gando, poñendo a horta, etc. Envíanos as túas fotos ou da túa nai, irmá, amiga, noiva, etc  ao facebook do concello ou a esgostelecentro@gmail.com

ebiblio

Imagen
Como xa vos comentamos noutras entradas, por ser usuarios da biblioteca tedes á vosa disposición en www.galiciale.gal/ un amplio catálogo de libros en galego e en castelán aos que podedes acceder co usuario e o contrasinal que vos facilitamos na biblioteca. Pero agora, ademais, poderedes acceder ao catálogo de libros en castelán dende o voso teléfono ou tablet.  Só tés que descargar a aplicación ebiblio e acceder co usario e o contrasinal que che facilitaremos na biblioteca. En http://galicia.ebiblio.es/ podes ver todos os títulos dispoñibles.  Máis información na biblioteca.