Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como biblioteca

Debuxar letras

Imagen
O venres aprendemos na biblioteca a debuxar letras con Alba Farto. Esta actividade forma do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia para bibliotecas.

Comeza un novo curso!

Imagen
  Dende a biblioteca queremos desexarvos unha feliz volta á clase e pedirvos aos alumnos e aos pais e nais que nos comuniquedes canto antes que libros de lectura ides necesitar durante este curso. Así poderemos preparar os exemplares con tempo e asegurarnos de que estean dispoñibles cando os necesitedes.

Obradoiro de lettering

Imagen
  Gústache debuxar ou pintar? Queres aprender a dar os primeiros pasos na técnica do lettering?  O lettering tamén coñecido como rotulación, consiste en debuxar as letras o que permite mellorar a ortografía, ampliar o vocabulario e favorece a concentración e a relaxación. Venres 18 de setembro  De 18:00 a 20:00 horas Biblioteca de Esgos Este obradoiro está dirixido á mocidade e persoaas adultas. Inscríbete na biblioteca.

Con ciencia de muller

Imagen
  O venres 26 de xuño ás 18:00h na biblioteca teremos un obradoiro científico: Coñeces a Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa? Son só algunhas das moitas científicas galegas que destacan ou destacaron polos logros acadados nos seus respectivos campos de investigación. Ven divertirte cos nosos experimentos e descubre algunhas das grandes científicas galegas que contribuíron ao progreso da humanidade. Inscricións na biblioteca.

Música na biblioteca

Imagen
O sábado a biblioteca de Esgos converteuse nun espazo de creación de música en tempo real da man de María Mendoza dentro da xornada "Sinte a danza e a música contemporánea". Esta actividade forma parte do Laboratorio de Experiencias Turísticas do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra  para crear e testar novas propostas vinculadas á cultura, á natureza, á auga, á creación artística e á produción local.

Sinte a danza e a música contemporánea

Imagen
O xornada comezará cunha clase de danza contemporánea con ferramentas terapéuticas no miradoiro de Moura en Nogueira de Ramuín. Pola tarde, en Esgos María Mendoza nos guiará na creación en tempo real dunha peza musical que quedará para o recordo.  Sábado 23 de maio 💰 Esta actividade é gratuíta  A inscrición está aberta en:  taquilla.ribeirasacra.org Esta actividade forma parte do Laboratorio de Experiencias Turísticas do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para crear e testar novas propostas vinculadas á cultura, á natureza, á auga, á creación artística e á produción local.

Programación do Ler conta moito

Imagen
Este ano, a través do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia realizaremos na biblioteca dous obradoiros: un baseado nas ciencias con experimentos que nos descubrirán a algunhas das grandes científicas galegas e outro máis artístico, de lettering . Máis adiante publicaremos os horarios e xa vos poderedes apuntar.  

Día de las bibliotecas: Manual para vivir en el rural

Imagen
Segundo a IA:  A finalidade das bibliotecas é proporcionar acceso á información, o coñecemento, a cultura e o lecer, actuando como centros comunitarios para a aprendizaxe, a colaboración e a expresión.  As súas funcións inclúen a preservación do patrimonio cultural, a promoción da lectura e a alfabetización, o asesoramento aos usuarios, e a creación de espazos físicos e dixitais que fomenten a socialización e o desenvolvemento persoal e profesional. Partindo entón da biblioteca como centro comunitario que fomenta a socialización para a aprendizaxe e a colaboración propoñémosvos para celebrar o Día das bibliotecas (24 de outubro) que participedes na elaboración dun "manual" para vivir no rural. Trátase de recompilar esas normas non escritas que todo persoa que vive nun pobo coñece e que lle resultan curiosas a visitantes e novos veciños. Sirvan de exemplos: Se te atopas con alguén polo camiño saúdase e se esa persoa faiche preguntas... pois as contestas, que non é por rexouba...

Actividades para o mes de setembro

Imagen
Adianto da programación prevista para este mes de setembro. Ampliarase a información sobre as diferentes actividades nos vindeiros días. 🔹 Palitroques: obradoiro de arquitectura.  Xoves 11 ás 18:00h na biblioteca municipal. 🔹 Inicio das clases de gaita e percusión da escola de música da Banda de Gaitas do Concello. Sábado 13 ás 18:00h 🔹 Xuntanza de entroidos organizada pola Asociación de Felos e Madamas do Concello de Esgos. Participarán varios grupos de entroidos doutros lugares da provincia. Sábado 20 a partir das 16:00h 🔹 III Mercadillo veciñal de segunda man Domingo 21 dende as 10:30h 🔹 Concerto no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Interritmos, raíces vivas. Sábado 27.

Aprazado o escape room para o xoves

Imagen
Aprazado o escape room para o XOVES 31 de xullo. Aviso: A biblioteca estará pechada o xoves 31 para o desenrolo desta actividade.

Escape room: O lobishome é de Esgos

Imagen
  Manuel Blanco Romasanta, o home do unto é de Esgos (naceu en Regueiro) aínda que moitos o chamen “o home lobo de Allariz”. Alguén tentou destruir o documento que o acredita. Axúdasnos a recuperalo? Baixo esta idea creamos dende a biblioteca o escape room "O lobishome é de Esgos" dirixido á mocidade de Esgos (de entre13 e 20 anos). Inscricións na biblioteca! Agardámosvos o mércores 30 de xullo ás 12:00h  Aviso: A biblioteca estará pechada o mércores 30 pechada para o desenrolo desta actividade.

Presentación do libro Onde nacen as bestas

Imagen
  Presentación na biblioteca municipal o luns 21 de xullo ás 20:30 horas do libro Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo, ambientada no universo Romasanta, o home lobo. O autor estará acompañado por Cástor e Félix Francisco Castro Vicente, que levan anos estudando o caso de Manuel Blanco Romasanta e publicaron diversos estudos criminolóxicos e antropolóxicos sobre o mesmo.

Programación para o mes de xullo

Imagen
  Actividades previstas para este mes de xullo: Domingo 20: Primeiro encontro de repenicadores de campás na Igrexa de Esgos ás 11:30horas. Mostra dos diferentes toques: procesión, defuntos, incendio, tormenta... Luns 21: Presentación na biblioteca municipal ás 20:30 horas do libro Onde nacen as bestas, de Pedro Feijoo . Novela ambientada no universo Romasanta. Martes 22: Clase de ioga con +Deporte La Región ás 20:30 horas na Praza da Souteira (Esgos). Abriremos as inscricións nos vindeiros días. D omingo 27: Quedada BTT para percorrer os camiños do Concello. Saída ás 9:30 horas da Praza da Souteira. Mércores 30: Escape room dirixido á mocidade de entre 13 e 18 anos, ambientado na historia do lobishome Manuel Blanco Romasanta. Horarios, inscricións e máis info na biblioteca.

Novidades na biblioteca

Imagen
 Engadimos ao catálogo da biblioteca libros para todas as idades:

Horario de verán

A biblioteca estará aberta a partir do martes 8 de xullo en horario de mañá: De luns a venres de 11h a 14 horas.

Biblioteca pechada

A biblioteca seguirá pechada esta semana. Desculpade as molestias. Para calquera consulta podedes escribirnos a biblioesgos@gmail.com

"Lectores de honra" do primeiro semestre de 2025

Se sodes usuarios habituais da biblioteca saberedes que o pasado 11 de xaneiro (Día do usuario/a das bibliotecas) puxemos en marcha o reto "Lectores de honra" e "Visitantes de honra" para recoñecer e  premiar aos usuarios/as que máis libros len durante o ano e aos usuarios/as que máis visitan a biblioteca. Por petición popular e aínda que o ano non rematou imos publicar o 30 de xuño só a modo informativo (sen premios) os resultados destes 6 primeiros meses do ano.  Así que xa sabedes, aínda estades a tempo de mellorar os vosos números.

Escape room na biblioteca

Imagen
  Para celebrar o Día das Letras Galegas propoñemos unha actividade moi divertida para a rapazada (maiores de 10 anos): "Escape room os misterios da biblioteca" Plantexarémosvos unha situación de partida e teredes que ir descubrindo mediante o inxenio e cooperación formas de avanzar solucionar acertixos, claves, enigmas... para descubrir os misterios que agocha a biblioteca e poder saír da mesma antes de 60 minutos. Inscríbete na biblioteca! Agardámosvos o venres 30 de maio ás 18:00 horas. A biblioteca estará pechada este día por mor desta actividade!  Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Xunta de Galicia para as bibliotecas.

Conferencia "Sujetador y salud"

Imagen
  A biblioteca estará pechada o martes 6 de maio pola conferencia "Sujetador y salud"

Obradoiro de pintura en familia

Imagen
  O Concello de Esgos propónnos unha actividade de pintura para realizar en familia o sábado 24 de maio. A actividade consiste en pintar en lenzo por parellas: nai con fillo, pai con filla, tío con sobriña, avoa con neto, irmá con irmán, etc.  Ti elixes a parella e nós poñemos o resto! Para que a actividade se poida levar a cabo necesítase un mínimo de participantes así que non o dubides e inscríbete o antes posible na biblioteca municipal. (O horario está pendente de confirmar para adaptarnos na medida do posible ás vosas necesidades)