Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2008

Taller de manualidades

Imagen
A Asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" rematou o taller de arte floral que estaban a impartir os sábados pola tarde, no que as alumnas aprenderon a facer bonitos centros de flores, naturais e secas. E para que non se aburran , acaban de empezar outro taller de manualidades (pintura, restauración, pintura en tellas, etc) os sábados pola tarde, que está a ter moito éxito.

Curso de primeiros auxilios

Imagen
A "AAVV Rocas" organiza un curso de primeiros auxilios que están a impartir voluntarios da Cruz Vermella de Ourense os sábados pola mañá de 9 a 13 horas. Este curso conta con 11 alumnos, algúns deles, membros de Protecion civil de Esgos.

III Convocatoria de cursos de iniciación á informática

Imagen
A semana pasada comezaron novos cursos de alfabetización informática ós que asisten 13 alumnos dous días a semana, distribuidos en dous grupos. Nas clases, que se prolongaran ata primeiros do mes de abril, os alumnos aprenderan o manexo básico dun procesador de textos e a navegar por internet, busgar información e a manexar o correo electrónico. Tivemos que esperar ata a terceira convocatoria de cursos para que o número de homes superara ó de mulleres, porque ata agora sempre viñan máis mulleres ca homes. E para que se animara a vir xente que vive noutros pobos do concello. Os martes e xoves durante unha hora ó día veñen a clase 4 homes e 2 mulleres, de Soutelo, Rebordiños, Alto do Couso, A Touza, Porta do Sol e Esgos. E os luns e mércores veñen 4 homes e 3 mulleres, con edades comprendidas entre os 23 e os 53 anos. Este grupo tamén conta con membros de varios pobos, como Vilar, Meiroas, A Lama, A Cabalgada e Esgos.

Publicidade dos cursos en Internet

Imagen
O portal de telecentros que é a páxina de inicio de Internet en todos os telecentros de España publica esta semana a nova dos nosos cursos de alfabetización informática e fotos da última entrega de diplomas. Co fin de dar a coñecer as actividades que se están a levar a cabo dende o telecentro publicouse unha nova na web do xornal "La Región" no apartado de "Noticias de los lectores" sobre os últimos cursos que se impartiron durante os meses de decembre e xaneiro de 2008. Pódense ler as noticias facendo clic na imaxe.

Entrega de diplomas

Imagen
O martes o alcalde entregou os diplomas ós alumnos dos dous últimos cursos de alfabetización informática. Na foto podedes ver a Alejo, que ós seus 81 anos se animou a participar. Nunca é tarde para aprender.

Dia europeo por unha Internet máis segura

Imagen
O 12 de Febreiro celébrase o "Dia Europeo por unha Internet máis Segura". A páxina oficial é http://www.internetsegura2008.es/ . Dende o portal do menor http://www.portaldelmenor.es/ propóñense varios concursos con este tema que rematan o 18 de febreiro. Un deles consiste en cubrir un cuestionario sobre as normas básicas en Internet, envialo por correo electrónico antes do día 18 para participar no sorteo dunha memoria USB de 2 GB. Outro dos concursos propostos consiste en enviar un "micro" relato sobre internet. O premio será un Play Pack de Movistar con un Nokia 5070 co xogo de Sonic preinstalado. Aproveitando esta situación, dedicaremos esta semana a participar nestas actividades e concursos, e a todos os menores de 18 anos que visiten o Telecentro entregaráselle un documento coas normas básicas de seguridade.

Martes de Entroido

Imagen
O martes de entroido, ás 5 da tarde houbo desfile de entroido con premios. O primeiro premio levárono "Os Tarreirigos": O tratante de gando, as vacas e o boi, que era moi manso... O segundo, levárono "Os agasallos": O tercerio, foi para a "Galescola": E o cuarto levárono os "Felos": Nos próximos días publicaránse máis fotos na páxina do concello e no Telecentro hai moitas máis, así que só tendes que pasar por aquí e facer copias das que queirades.

Domingo de Entroido

Imagen
O desfile e o concurso de disfraces do domingo tivo que cambiarse para o martes polo mal tempo, pero os felos e as madamas desafiaron á choiva e "pasearon" todo o día polos pobos do concello. E non podían faltar as "madamas":