Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

Excursión a Santiago

A Asociación de veciños "Rocas" organiza unha viaxe a Santiago de Compostela para o domingo 20 de xuño. Programa: Salida de Esgos en autobus Recepción de benvida e almorzo Visita ó casco histórico de Santiago Misa do peregrino ás 12.00 h. Comida Visita á fábrica de tartars de Santiago Retorno Os interesados deberán anotarse antes do 6 de xuño falando con Susana ou con Yajaira

Dia das Letras Galegas e Dia de Internet

Imagen
O vindeiro luns 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas" e tamén o "Día de Internet" . Este ano para celebralo propóñovos que vos acerquedes ata a biblioteca e levedes algún libro para ler na casa... ¡que pouco orixinal! ¿eh? Outra das propóstas é que realicedes estes cuestionarios para demostrar o que sabedes: Cuestionario sobre as letras galegas Cuestionario sobre intenet Tamén podedes pasar un bo rato con este xogo de preguntas . É para nenos de ata 12 anos pero seguro que ós maiores tamén lle costa un pouco atinar todas as respostas.

Taller de empleo: Videocurriculum

Imagen
CIMO impartirá un novo taller de emprego en Ourense. Neste taller presentarán un dos últimos recursos que as novas tecnoloxías poñen ó noso alcance para a búsqueda de emprego, o Videocurriculum . Tamén mostrarán como realizalo, difundilo e como sacarlle o máximo partido. Inscripción: gratuita Data: 13 de maio Hora: de 16:30 a 18:00 horas Máis información no teléfono 988391515, en ofertas@cimoemprego.com ou en CIMO (Curros Enriquez, rotonta. Ourense)

IX Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense, co obxectivo de promover e apoiar ós novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, convoca o IX Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense , destinado a premiar e difundir os traballos dos creadores xoves. A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, grabado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte digital, instalaciones, etc). Poderán participar todos os artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos . A temática será libre. Cada concursante poderá participar cun máximo de duas obras , ainda que pertenzan a distintas modalidades. As obras deberán presentarse antes do 31 de maio de 2010 no Centro Cultural Deputación Ourense. Premios sin distinción de modalidad: Primer premio: 6.000 € Segundo premio: 4.000 € Tercer premio: 2.000 € Dos accésits de 1.000 € As bases poden consultarse na web do Centro Cultural Deputación Ourense .

Novos valores 2010

A Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas NOVOS VALORES 2010 no que poderán participar sen límite de idade todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, videocreadores...) naturais ou residentes en Galicia. Cada artísta poderá presentar unha obra. As obras deberán ser orixinales que nunca foran expostos nin participaran noutros concursos. O xurado outorgará 6 premios de 6.000 euros brutos cada un, para ampliar os seus estudios artísticos. As bases do concurso poden consultarse na biblioteca nos folletos de "Novos valores".

IV carreira de montaña e IV andaina popular

Imagen
O día 6 de Xuño terá lugar a IV Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a IV Andaina popular Concello de Esgos . A andaina (21 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 09,30 horas e rematará no mesmo lugar. A carreira (13 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 10,30 horas e rematará no alto de O Eirado, onde se porán autobuses para baixar ata Esgos. Este ano, como novidade, o corredor que mellore o tempo do gañador do ano pasado 1h:00':13" recibirá un premio de 500 euros. O percorrido das probas pode consultarse en google earth eiquí A inscripción ten un custe de 5 euros e da dereito a unha camiseta de regalo, á comida que se servirá ó rematar as probas e a participar nos sorteos de: sorteos de noites de hotel, cea de degustación, circuito SPA, bonos para canxear en tendas de deportes, packs de licores... Data límite inscrición: 2 de Xuño Toda a información e as bases poden consultarse en www.concelloesgos.com e descargar o programa eiqu

Curso de GIMP

Imagen
O pasado xoves 22 de abril comezamos o primeiro curso de iniciación a GIMP que impartimos no concello. Despois de publicar o anuncio foron varias as persoas que mostraron interés no curso e os recursos son limitados, nesta ocasión participan os 5 primeiros anotados, que son de: Esgos, A Lama, Laioso e As Vendas. As clases impártense os martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas e prolongaránse dúas semanas máis.

Concurso para deixar de fumar

Imagen
"Déixao e Gaña 2010" é un concurso para deixar de fumar, no que poden participar as persoas maiores de 18 anos residentes en Galicia, que fuman a diario dende fai polo menos 1 ano. Participar no concurso Déixao e Gaña é moi sinxelo: Inscribirse antes do 19 de maio na web www.deixaoegaña.com ou no teléfono 900101164. Proporcionar os datos do fumador concursante e polo menos, dunha testemuña Permanecer sen fumar polo menos 4 semanas (do 19 de maio ao 16 de xuño) As persoas seleccionadas serán entrevistadas e efecturaánselles as probas necesarias para confirmar a súa abstinencia do tabaco. Tanto os fumadores participantes como as testemuñas participan no sorteo de importantes premios: Premios para fumadores participantes: Cheque de 3000 € (Alcoa) Viaxe cultural cardio-saudable (Pfizer) Ordenador portátil (PSA Citroen) Cheque regalo de 600 € (El Corte Ingles Televisor de 32'(Carrefour) Cheque regalo de 300€ (Gadisa S.A) Fin de semana no Balneario de La Toja (Consello d