Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

Magosto 2011

Imagen
O magosto 2011 do concello de Esgos celebrarase o vindeiro domingo 6 de novembro. A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas". As entradas poderán comprarse nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa. Día: Domingo, 6 de novembro Hora: 13.00 horas Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

Manualidades do Samaín

O venres 28 de outubro ás 18.00 horas teremos na biblioteca un taller de manualidades dirixido a nenos, baixo o tema "O SAMAIN" . Entre outras cousas, decoraremos pequenas cabazas.

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Local social de Vilar Dia: Martes 25 de outubro Hora: De 16.30 a 20.00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.