Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

Aviso

 A biblioteca estará pechada o mércores 27 de marzo. Desculpade as molestias

Novidades na biblioteca

Imagen
Recién chegados á nosa biblioteca

Trampas para velutinas

Imagen
Esta semana o primeiro usuario do día que leve un libro en préstamo da biblioteca levará como agasallo unha trampa para velutinas. É un pequeno detalle da biblioteca para que vos animedes a colocar trampas, xa que a primavera e o outono é o millor momento para atrapar as raiñas e conseguir así que non construan os niños. Estamos usando o seguinte preparado para as trampas: Mesturar 5 litros de auga con media pastilla de fermento e 1 kg de azúcar. Deixar que fermente durante 24 ou 48 horas. Repartir nas trampas engadindo medio vaso de zumo de arandos ou cervexa negra.  

1m2 contra la basuraleza

Imagen
Hoy domingo nos unimos al proyecto ‘LIBERA, unidos contra la basuraleza’ para frenar las consecuencias de la basura abandonada en los espacios naturales y con el objetivo de concienciar a la población de la necesidad de eliminar correctamente nuestros residuos, de manera que su destino no sea la naturaleza.  Este mes de marzo nos centramos en liberar los entornos fluviales de #basuraleza "1m2 por los ríos, lagos y embalses", así que nos recorrimos el paseo del río Grañal entre Esgos y Tarreirigo recogiendo todo lo que encontramos a nuestro paso. Además, para completar la jornada también recogimos de vuelta los residuos en la senda de la carretera entre Tarreirigo y Esgos. Peso total aproximado de lo recogido:  13 kg para el contenedor genérico 7 kg para el contenedor amarillo 1 kg de vidrio ¡Gracias a todos  por vuestro tiempo! A continuación os dejamos unas fotos de la jornada y el detalle de los más de 680 residuos recogidos. A nosotras nos llamó mucho la atención la canti

Certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4

Imagen
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4. Destinatarias: Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. Datas: maio e xuño de 2024. Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Prazo de solicitude: ata o 5 de abril de 2024 Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C Máis información no DOG do 13 de marzo de 2024 e en www.lingua.gal  

Novidades de marzo

Imagen
Engadimos ao catálogo da biblioteca algunhas novidades editoriais e outros libros que nos parece poden resultar interesantes:  Comic de "Zipi y Zape" e "Moradelo y Filemón", que nunca pasan de moda. A nova novela de Máximo Huerta, París depertaba tarde.  La sociedad de la nieve, na que se basa a película candidata aos Oscar. Los virus no entran por los pies, obra que derruba todos os mitos que escoitamos durante décadas sobre a saúde física e mental de nenos e familias A ferida imaxinaria, de Berta Dávila La niña del vestido de flores, que narra as aventuras dunha nena con TEA. Xa o tiñamos en galego. E por suposto, algo de xardinería e hortas, que sabemos que vos gustan moito.

1m2 contra la basuraleza

Imagen
  O Concello de Esgos únese ao proxecto «Libera: unidos contra la basuraleza». Trátase dunha campaña de ciencia cidadá e recollida de residuos que ten como obxectivo profundizar no coñecemento dos residuos abandoados que invaden os diferentes entornos naturais do noso país. Ademais do estudio científico, preténdese preservar a beleza natural da zona, promover a conciencia ambiental e coidar dos nosos ríos entre todos. O domingo 17 de marzo levaremos a cabo a recollida e estudio dos residuos atopados no paseo dos muiños do río Grañal, entre Esgos e Folgoso.  Entregaranse aos participantes luvas e bolsas para a recolección de residuos e recoméndase levar calzado cómodo e calquera obxecto que se considere necesario para a recollida lo lixo. Os veciños e veciñas que queiran participar terán que inscribirse ata o xoves día 14 na biblioteca ou enviando o nome completo e DNI ao correo electrónico biblioesgos@gmail.com ou ao whatsapp 607494439. As prazas son limitadas xa que a actividade conta

Día da endometriose

Imagen
Aproveitando que o vindeiro 14 de marzo se celebra o "Día da endometriose" preparamos un recuncho na biblioteca para dar visibilidade a esta doenza con información facilitada pola asociación  querENDO, mulleres con endometriose  e con libros sobre o tema. A endometriose é unha doenza que afecta ao 10% da poboación feminina en idade fértil (das que o 50% non poden concibir de forma natural): 60.000 galegas, das que 9.000 a padecen nas formas mais severas. Maniféstase cunha dor incapacitante, que non che deixa facer unha vida normal, especialmente durante a menstruación, pero moitas veces ao longo de todo o ciclo. Máis info sobre a Asociación en: www.querendo.eu Tlf.: 604 08 43 82 Facebook: @mulleresconendometriose Instragram: @quer_endo Twitter: @quer_endo Youtube: querENDO Mulleres con endometriose