Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

Premio concurso María Moliner

Imagen
¿Lembrades que a biblioteca resultara agraciada cun dos premios do concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner 2018? Pois comezamos a recibir a semana pasada os primeiros libros do premio e xa os estamos a catalogar para que os poidades levar cando queirades. Os libros que pedistes para o colexio e o instituto, novelas, educativos... (un pouco de todo) empezan a chegar. Non están todos, ainda faltan!

Banco de contenidos AulaPlaneta

Imagen
A partir do martes 22/01/2019 ás 10.00 h. os usuarios dados de alta en GaliciaLe e eBiblio poderán acceder ao "Banco de Contenidos de aulaPlaneta". Este Banco é tanto un recurso de apoio para os estudantes, como unha completa obra de consulta para os adultos.

Recuncho do café

Imagen
Estreamos un novo recuncho na biblioteca: Grazas a un usuario agora dispoñemos dunha cafetera.

Concurso de postais de Nadal

Imagen
Aproveitamos a visita dos Reis Magos para entregar os premios do concurso de postais de Nadal Entre os 23 participantes, resultaron premiados nas diferentes categorías Julieta, Breixo, Irea e Fernando.  Noraboa a todos!!