Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2008

II Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O próximo día 8 de xuño celebrarase a 2ª Subida Rocas – O Eirado . Distancia: Carreira: 14 km . Andaina: 24 km Hora de saída: A saida das probas será diante da Casa do Concello en Esgos: A andaina comezará as 9:30 h e a carreira as 10:30 h. Remate da proba: A carreira rematará en O Eirado e haberá un autobús a disposición dos corredores para baixar ata Esgos. A Andaina remata en Esgos no mesmo punto da saída. O remate das probas haberá unhos pinchos para repor forzas na Praza da Souteira. Prazo de inscricción: O prazo de inscricción remata o mercores 4 de xuño , aínda que a xente que o desexe poderá inscribirse ata o memo día da proba (sempre que haxa dorsais disponibles). Toda a información sobre a andaina-carreira está publicada na páxina do concello http://www.concelloesgos.com/ onde tamén se poden realizar as inscripcións.

Repostería e gymkhana do día do internet

Imagen
Repostería do día de internet Hoxe sábado pola tarde celebramos o día de internet cunha dulce "merenda". Cada participante tiña que traer un postre con forma ou decorado que tivera algo que ver coas novas tecnoloxías. Xuntaronse varios "reposteiros" que elaboraron entre outras cousas: bica con forma de rato, arroz con leite cunha @ de canela, tarta de mazá, tarta de queixo, filloas con @ de chocolate e nata, etc. Tampouco podía faltar o café e o chocolate... Cada "reposteiro" recibíu como recordo unha pequena tarteira de barro. O telecentro permaneceu aberto mentres durou a merenda e por eso algunhos non perderon a ocasión de botar unha partida e chatear. Gymkhana do telecentro de Esgos O gañador da gymkhana do telecentro foi Alejandro , máis coñecido como Alex, que recibirá o seu agasallo na próxima visita ó telecentro.

Gymkhana do telecentro de Esgos

Imagen
Aquí van as preguntas da Gymkhana do Día de Internet, que organiza o Telecentro de Esgos. ¿Cal é a orixe da letra ñ? ¿Cal é a décima montaña máis alta do mundo? ¿Canto mide? ¿Qué símbolo ten a bandeira de Marrocos no centro? ¿A quen se adicou o "Dia das letras Galegas" no ano 1995? ¿Que español obtivo unha medalla en natación nos Xogos Olímpicos do ano en que naceu o golfista Sergio García? Envía un email coas respostas ás preguntas e a dirección web onde atopaches cada unha, á dirección esgostelecentro@gmail.com con asunto Gymkhana. Lembra que o primeiro que máis respostas correctas envíe será o gañador, e que ten que ser usuario do noso telecentro.

17 de maio: Día de Internet e Día das Letras Galegas

Imagen
O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas , que este ano se adica a Xosé María Álvarez Blázquez, p oeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo.. Para máis información visitar a web http://17demaio.org/ Pero o 17 de maio tamén se celebra o Día de Internet e por eso dende o telecentro queremos animarvos a celebralo con nós con varias actividades. TRIVIAL SOBRE ESGOS Contesta ás preguntas que aparecen neste trivial e demostra o que sabes sobre o concello. Pincha no seguinte enlace para acceder ás preguntas: TRIVIAL SOBRE ESGOS REPOSTERIA DO DIA DE INTERNET Só terás que elaborar un postre con algún detalle que teña que ver coas novas tecnoloxías (ordenador, teclado, rato, cd, etc) e traelo ó telecentro o sábado 17 ás 16:00 horas. GYMKHANA DO TELECENTRO DE ESGOS Contesta ás preguntas que se publicarán neste blog o xoves 15 ás 7 da tarde, buscando en internet, e envía as respostas co enlace á páxina web onde atopaches a solución, ó correo electrónico esgos

Gymkhana web de telecentros

Imagen
O portal de telecentros organiza para celebrar o Día de Internet , unha nova Ghymkhana web , na que haberá que contestar a 15 preguntas. Este año as preguntas publicaranse de cinco en cinco, durante tres días, do 12 ó 14 de maio. Poderás gañar un portatil, unha consola ou un reproductor mp3 si contestas correctamente, entre os tres primeros, ás preguntas da Gymkhana. Máis información en http://www.telecentros.es/

Tai chi

Imagen
As mulleres están a punto de rematar o curso de Tai chi que comezaron alá polo mes de outubro. Os luns e os mércores teñen unha cita co deporte de 20:00 a 21:00 . Esta actividade forma parte das organizadas pola "Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños" , que se ven repetindo dende fai unhos anos debido ó interese mostrado polas asistentes.