Entradas

Mostrando entradas de enero, 2009

Taller de iniciación á maquillaxe persoal

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" cumplindo co desexo das socias, comezou o sábado pasado un curso de iniciación á maquillaxe persoal no que participan unha veintena de mulleres. O curso, que é gratuito para todas as socias, ten unha duración de 6 horas, repartidas en 3 sábados.

Pechado por vacacións

Imagen
A partir do luns 26 de xaneiro o telecentro permanecerá pechado por vacacións . Desculpen as molestias.

Exposición fotográfica "Esgos"

Imagen
Estes dias pódese ver en Esgos, no café bar San Xoán , a exposición fotográfica "Esgos" de Dani González Laguna . A exposición céntrase na ruta de sendeirismo "Camiño Real de San Pedro de Rocas" pero tamén hai fotos doutros rincóns de Esgos. As fotos pódense mercar a un precio de 15 euros montadas en cartón pluma de 5 mm e tamaño 21x29 (A4). Eiquí podedes ver unha pequena mostra das fotos que se poden ver na exposición: Para ver o díptico da exposición consultar a web do autor: http://www.dlaguna.es/

Próximamente: Taller de maquillaxe

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" pon en marcha este sábado o taller de maquillaxe solicitado polas socias. O curso impartirase no local social de Esgos os sábados 24 e 31 de xaneiro e 7 de febrero en horario de 18:30 a 20:30 horas. Cada unha deberá traer os utensilios de maquillaxe que teña. As prazas son limitadas, pero ainda estás a tempo de anotarte!

Exposición de fotografia

Imagen
A finais do ano pasado a AAVV Rocas realizou un curso de iniciación a fotografia dixital no que participaron varios veciños. Agora, algunhos alumnos queren mostrar o que aprenderon e da mau de Dani Gonzalez, o profesor, organizaron unha exposición fotográfica. Data de comezo: 22 de xaneiro Data de fin: 31 de xaneiro Lugar: Cafeteria "O Lugar" en Esgos As fotos que se poden ver na exposición son estas:

Os reis magos visitaron ós nenos de Esgos

Imagen
O luns os reis magos visitaron durante o dia as casas dos nenos do concello de Esgos para deixarlles unhos caramelos e pedirlles que se deitaran cedo, porque á noite agardávalles moito traballo. A primeira parada que fixeron foi nas oficinas do concello e dende alí partiron cara Folgoso, As Vendas, O Pinto, Laioso, Vilar, Tarreirigo, Gomariz e Lobaces. Pola tarde, visitaron ós nenos de Esgos, A Lama, Soutelo, Casanova, Pardeconde, As Meiroas e Melón.

Os reis magos visitarán o concello

Imagen
O vindeiro luns dia 5 , os reis magos de Oriente visitarán dende a mañá ata a tardiña, os pobos do concello de Esgos para saudar ós nenos. Estade todos atentos e cando oiades a sirena saide da casa, porque queren visitar o maior número de pobos e como á noite teñen moito traballo non poden pararse moito . Debido á visita dos reis, o telecentro permanecerá pechado o luns. Feliz dia de reis !