Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

Esgos no Street View

Imagen
A caraterística Street View de Google Maps permítenos ver panorámicas a nivel de calle das cidades e no caso do concello de Esgos, pódense ver panorámicas da OU-536, como estas: Alto do Couso Feirobal Esgos Tarreirigo O Pinto As Vendas

Información turística

Imagen
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra ven de instalar no concello un punto de información turística. Trátase dunha pantalla táctil dende a que se pode acceder de forma fácil a rutas de sendeirismo, mosteiros, restaurantes, etc dos distintos concellos que conforman a Ribeira Sacra.

Os Reis Magos visitaron Esgos

Imagen
Os Reis Magos visitaron ós nenos de Esgos o día 5 pola mañá. Foron recibidos polo alcalde ás portas do Concello e entregaron un pequeno agasallo a todos os asistentes. Tamén aproveitaron para entregar os premios do concurso de postais no que resultaron gañadores: Menores de 3 anos: Fernando Rodriguez Gil Entre 4 e 6 anos: Sara Diaz Rodriguez Entre 7 e 9 anos: Anxo Rodriguez Tesouro Maiores de 10 anos: Mario Gómez García Pódense ver as fotos desta visita en http://www.concelloesgos.com/ e no facebook do concello