Entradas

Plan lectura da Deputación de Ourense

Imagen
  📚 A Deputación de Ourense lanza un programa de fomento da lectura "Plan lectura", que consiste en axudas de 20 euros para os menores de idade destinadas á compra de libros. Subvenciónase 1 libro por menor (Se o libro custa máis de 20 €, terás que pagar a diferenza). Quedan excluídos os libros de texto, o material escolar, revistas e publicacións periódicas. 👤 Quen pode solicitalo? Nacidos/as a partir do ano 2008 (menores de idade). Empadroados/as en calquera concello da provincia de Ourense. 🗓️ Prazos:   A compra de libros  debe realizarse a partir do  15 de outubro.  O prazo remata o 18 de decembro de 2026 (ou ao esgotar o crédito dispoñible). 📲 Como conseguir o teu libro? Rexístrate na web ➡️ plandelectura.depourense.gal . Recibe o teu código: Tras introducir os datos do menor e do/a titor/a, recibirás un código alfanumérico por SMS ou correo electrónico. Acude á librería: Presenta o teu código + DNI en calquera das librerías adheridas (consulta a...

Samaín

Imagen
OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CABAZAS 📅 Venres 23 de outubro ás 18:00 h na biblioteca Para participar é necesario inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 21 de outubro. PERCORRIDO POLAS CASAS 📅 Venres 30 de outubro ás 17:30 h Percorreremos as rúas visitando as casas dos veciños e das veciñas, nunha tradición que combina diversión, misterio e… un pouquiño de medo! Para participar, é necesario inscribirse na Biblioteca antes do martes 27 de outubro, onde se explicarán todas as condicións do percorrido. 🧟‍♀️ MANICOMIO ESGOS (CASA DO TERROR) 📅 Venres 30 de outubro de 18:30 a 20:30 h no Centro Cultural Parada Justel O “Manicomio Esgos” abrirá as súas portas para recibir a todas aquelas persoas que se atrevan a entrar… Para todos os públicos. Non é necesario inscribirse. O acceso será por orde de chegada. Maneiras de inscribirse: Presencialmente na biblioteca Por whatsapp á biblioteca: 607494439 Por teléfono: 988482684 (biblioteca) Por correo electrónico a biblioesgos@gmail...

Invitacións para Funtastik

Imagen
O Concello de Esgos dispón dun número limitado de invitacións para Funtastik, válidas do luns 5 ao xoves 8 de outubro. Entregarase unha entrada por neno/a maior de 3 anos (menores de 3 anos gratis) empadroado/a no Concello de Esgos ata esgotar existencias. COMO SOLICITAR AS ENTRADAS: Abrimos o prazo de solicitude hoxe, venres 2 de outubro, ás 17:30 h. Solicita a túa enviando un WhatsApp ao 607 494 439 (Biblioteca Municipal) indicando nome e apelidos do neno/a. IMPORTANTE: ▪︎ As solicitudes recibidas antes das 17:30 h non serán válidas. Tampouco se aceptarán reservas por chamada telefónica nin por outros medios. ▪︎ As invitacións asignaranse por estrita orde de recepción da mensaxe, ata esgotar as unidades dispoñibles. ▪︎ As invitacións recolleránse na biblioteca

Debuxar letras

Imagen
O venres aprendemos na biblioteca a debuxar letras con Alba Farto. Esta actividade forma do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia para bibliotecas.

Escola de gaita, pandeireta e percusión

Imagen
Inicio do curso da escola de pandeireta, gaita e percusión. Reunión inicial o sábado 26 de setembro ás 17:30h no local da Praza da Souteira (Esgos)

Comeza un novo curso!

Imagen
  Dende a biblioteca queremos desexarvos unha feliz volta á clase e pedirvos aos alumnos e aos pais e nais que nos comuniquedes canto antes que libros de lectura ides necesitar durante este curso. Así poderemos preparar os exemplares con tempo e asegurarnos de que estean dispoñibles cando os necesitedes.

Certificado dixital

Imagen
Dende o Concello pretendemos organizar unha nova sesión do programa “A Administración Preto de Ti” para a que é preciso un mínimo de 15 persoas interesadas. Funcionarios/as da Subdelegación desprazaríanse unha mañá ata Esgos para atenderte de forma personalizada e: Expedir o teu Certificado Dixital directamente no teu teléfono móbil. Ensinarche a usalo para que fagas os teus trámites habituais dende casa, sen desprazamentos nin colas. Apúntate nas oficinas municipais ou na biblioteca. ¡Aproveita esta oportunidade e fai a túa vida máis fácil coa administración dixital!