Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

O telecentro volve abrir polas tardes

A partir de mañá mércores, 1 de abril, o telecentro volverá estar aberto polas tardes de luns a venres . En canto non se programen cursos de informática, o horario será de 17.30 horas a 21.00 horas . Esperámosvos a todos !!!

Punto de información do servicio galego de colocación

Imagen
Dende hoxe os veciños de Esgos e incluso os de outros concellos xa poden renovar a demanda de emprego sen ter que desprazarse a Ourense, gracias ó punto de información do servicio galego de colocación que se instalou no concello. Para poder facer este trámite é necesario dixitalizar a pegada no concello. O Punto de información está situado no primeiro andar do concello, ó lado das oficinas municipais, onde poderán atopar máis información.

Tiro ó plato

Imagen
O ano pasado a asociación de cazadores "Os tarreirigos" organizara un dia de tiro ó plato. Debido ó éxito de participación que tivera esta xornada, o concello tomou nota e organizou para onte domingo, unha xornada de tiro ó plato no campo de tiro de Rocas. Na seguinte foto pódese ver a un grupo de participantes: Na xornada, que comezou ás 11 da mañá e se prolongou ata as 19.30 horas, realizáronse 14 tiradas. Todos os que así o quixeron puideron disfrutar tamén dunha comida campestre no mesmo campo de tiro. Pola tarde xuntouse no campo gran cantidade de público.

Taller de 060.es

Imagen
O pasado xoves pola tarde un monitor de red.es impartiu no telecentro un taller sobre a web www.060.es ó que asistiron unha dúcia de veciños.

EDUCAMOBIL

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer. Lugar: Local social de Vilar Dia: Venres 27 de marzo Hora: De 16.30 a 20.00 horas Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

Cea do "Dia da muller traballadora"

Imagen
O sábado pasado a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" quixo celebrar o dia da muller traballadora cunha cea no restaurante "Os Caracoles", a que asistiron 40 mulleres.