Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2010

Xuventur Neve 2011

Imagen
O vindeiro 7 de xaneiro, dará comezo o programa XUVENTUR NEVE 2011 , destinado á mocidade galega entre 18 e 35 anos, que consiste en estadías de varios días en diferentes lugares da xeografía ( Leitariegos, Candanchú e Vallnord). Importante a ter en conta: 1º. A información colgarase en www.xuventude.net para que os/as mozos/zas poidan ver as opcións que se ofrecen e vaian planificando as súas saídas. 2º. Segundo o destino que cada persoa elixa deberá de remitir a documentación a un enderezo diferente (delegacións de Ourense, Vigo e Lugo) 3º.- O formulario de inscripción soamente será posible envialo en liña. 4º.- O prazo de inscrición comezará o día 7/01/2011, a partir das 9:00 h.(e o formulario soamente estará dispoñible na páxina web www.xuventude.net a partir desa data e hora) Pódese consultar o díptico do programa eiquí

Termalismo Social IMSERSO

Características: Turnos de 12 días Aloxamento e manuntención en réxime de pensión completa Tratamentos termais básicos Pólizas colectivas de seguro turístico Actividades de animación Requisitos dos beneficiarios: Ser pensionista da Seguridade Social por xubilación ou invalidez, ou ben por viudedade ou doutras pensións se ten máis de 60 anos. Non padecer doenzas mentais graves Poder valerse por si mesmo Precisa-ls tratamentos termais Prazo de presentación: Para os meses de febreiro ata agosto: ata o 17 de xaneiro de 2011 Para os meses de setembro a decembro: ata o 16 de maio de 2011 Documentación a presentar: DNI Certificado de pensión Tarxeta sanitaria Máis información e solicitudes nos servizos sociais do concello, de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Agasallos de Nadal

Imagen
Dende o concello, como ven sendo costume nos últimos anos estánse a repartir agasallos de Nadal aos maiores de 65 anos. Este ano, reciben un paquete que contén: unha tarxeta de felicitación, un paquete de bombóns e un chaveiro (os homes) ou unha bolsa pregable (as mulleres).

Actividades de Nadal para nenos

Imagen
Xornada de xogos populares para nenos e maiores 23 de decembro de 4.30 a 6.30 da tarde en Vilar Manualidades, billarda, chave, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc. Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós. Visita a Pazolandia 29 de decembro Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 28 de decembro. XI Concurso de Postais. Por décimo primeiro ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.). O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro. Tódolos participantes terán un agasallo. Visita dos Reis Magos de Oriente 5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira Os Reis Magos entregarán os premios do XI Concurso de Postais.