Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2015

Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Imagen
Hoxe, 25 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Todas e todos debemos loitar para que sobre os maltratadores caia todo o peso da lei, a xustiza e o rexeitamento social, pois actos dese tipo non poden ter cabida nunha sociedade democrática. Podes ver o vídeo da campaña "se hai saída é grazas a ti" en: https://www.youtube.com/watch?v=ZhezzlrFMR0 . Recorda que na biblioteca temos varios libros sobre como educar en igualdade e que esta semana traballeremos cos máis pequenos a igualdade de homes e mulleres, este ano a través dos xoguetes. Ainda que os xoguetes actuales fomentan máis a igualdade, seguimos comprobando como en moitos anuncios e campañas publicitarias se da un tratamiento sexista. Tamén che propomos apoiar o dia internacional contra a violencia de xénero facendo un curso online gratuito con titulación do instituto da muller en  http://escuelavirtualigualdad.es/como-inscribirse.php