Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Ampliando o catálogo

Imagen
Seguimos ampliando o catálogo de libros da biblioteca grazas ao premio que acadamos no concurso de animación á lectura María Moliner. Esta é unha pequena mostra do que mercamos a semana pasada: Lembrade que podedes facer as vosas suxerencias de compra e que podedes consultar o catálogo online na  rede de bibliotecas de Galicia

Biblioteca violeta

Imagen
O concello de Esgos organiza para este mes de novembro diferentes actividades para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres (25 novembro). Ademais na biblioteca municipal os préstamos de libros sobre feminismo, violencia de xénero, etc realizados durante este mes irán acompañados dun pequeno agasallo.

Novembro, mes violeta

Imagen
Para conmemorar o Dia Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres (25 novembro) propoñemos para o mes de novembro diferentes actividades: Obradoiro de autocoidado Os venres de novembro ás 18:00h no Centro Cultural Parada Justel: Trátase dun obradoiro práctico no que cada xornada tratará sobre un tema: Vivir conscientemente e sen estrés, lidiar coa ansiedade, Autoestima e quererse máis a unha mesma e Liberarse do que nos fai infelices. Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello. Debido a esta actividade a biblioteca estará pechada os venres do mes de novembro Exposición fotográfica Inmarcesibles ‘Inmarcesibles’ é unha exposición itinerante, impulsada dende os Servizos Sociais do Concello de Sober con financiación do Ministerio de Igualdade sobre a beleza real feminina. Poderase visitar do 29 de novembro ao 2 de decembro. Horario pendente de confirmar. Biblioteca violeta Os préstamos de libros sobre feminismo, violencia de xénero, etc real