Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2021

Campaña solidaria "Nas súas mochilas, o seu futuro"

Imagen
Dende a biblioteca de Esgos queremos colaborar coa campaña solidaria de recollida de material escolar novo organizada pola Fundación Amigos de Galicia. O obxectivo é encher con material escolar novo 974 mochilas que se entregarán a nenos e nenas de familias en situación de vulnerabilidade social, para que poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións. Así que recolleremos dende hoxe ata o venres MATERIAL ESCOLAR NOVO, que entregaremos no centro comercial Ponte Vella o sábado día 4. Precísanse: libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas... e calquera outro tipo de elementos coma compases, carpetas, regras ou mascarillas infantiles. O único requisito é que todo o material entregado sexa totalmente novo. Máis información en:  https://www.fundacionamigosdegalicia.org/campa%C3%B1as/material-escolar-2021

Horario de tarde

O martes 31 de agosto volvemos a abrir polas tardes, de 17:30 a 20:30 horas. Agardámosvos!

Fantasías de papel

Imagen
Os contos e a as cancións de Fátima Fernández gustaron moito hoxe en Esgos. Tivemos que trasladar o contacontos "Fantasías de papel" ao centro cultural Parada Justel   

Nova data para o contacontos "Fantasías de papel"

Imagen
Fátima Fernández explicaranos a historia e os tipos de libros móbiles ou despregables que existen, de transformación, solapas, imaxes emerxentes, lingüetas, carrusel, etc… Mostrará libros que utilizan éstas técnicas e contaranos historias nas que o protagonismo lévano as figuras que se despregan desde o seu interior.  Esta actividade está dirixida ao público infantil, de entre 3 e 14 anos. Data: Venres 27 de agosto Hora: 11:30 h Lugar: Praza da Souteira, Esgos Esta sesión de contacontos está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Protocolo covid_19: - A actividade realizarase ao aire libre - Obrigatorio máscara - Aforo limitado, sen reserva de prazas (Por orde de chegada ata completar o aforo) - Os nenos e nenas deben estar acompañados dun adulto que se encargará de manter a distancia de seguridade.

Aprazado o contacontos

 📣 A actuación "Fantasías de papel" ten que aprazarse por indisposición da artista.  Comunicaremos unha nova data.

Contacontos "Fantasías de papel"

Imagen
  Fátima Fernández explicaranos a historia e os tipos de libros móbiles ou despregables que existen, de transformación, solapas, imaxes emerxentes, lingüetas, carrusel, etc… Mostrará libros que utilizan éstas técnicas e contaranos historias nas que o protagonismo lévano as figuras que se despregan desde o seu interior. Data: Venres 13 de agosto Hora: 11:30 h Lugar: Praza da Souteira, Esgos

Pechado por vacacións

A biblioteca permanecerá pechada por vacacións do 4 ao 25 de agosto. Si tes libros para devolver podes entregalos nas oficinas municipais Si necesitas algún libro podes escribirnos a biblioesgos@gmail.com