Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2007

Entrega de diplomas

Imagen
Despois de dous meses de clases, os alumnos dos cursos de informática recibiron hoxe os seus diplomas de man do alcalde. So me queda darvos as grazas a todos por participar, e agardar que practiquedes o aprendido.

Obradoiro de memoria

Imagen
Dende o Concello estase a realizar un obradoiro de memoria que engloba diferentes temas como TALLERES DE ESTIMULACIÓN DE MEMORIA, NUTRICIÓN, RELAXACIÓN E RESPIRACIÓN. O obradoiro é totalmente gratuíto e está dirixido a todos os veciños/as sen límite de idade. Co fin de limitar os desprazamentos, estase a realizar nos diferentes locais sociais dos pobos: O Pinto, Esgos, Lobaces - Gomariz, Pardeconde - Quinta do Monte. Máis información nos Servizos Sociais do Concello ou chamándo ó teléfono 988 29 00 00.

Magosto 2007

Imagen
Hoxe celebrouse o Magosto do concello de Esgos, na praza da Souteira. Houbo empanada, churrasco, chourizos, e de postre bica, licor café, café e como non, castañas asadas. Próximamente publicaranse as fotos na páxina web do concello.

Nova convocatoria de cursos

Imagen
Durante estes días estase a distribuir polos pobos un novo aviso, no que dende o Concello se anima ós veciños, sexa cal sexa a súa idade a participar nos cursos de Internet. Se coñeces a alguén que poida estar interesado non dubides en animalo para que se pase polo Telecentro. No mes de decembro comenzarán dous novos cursos de Internet. Cada curso impartese dous días á semana (1 hora ó día) durante un mes, en horario de 20:00 á 21:00 para que poida asistir o maior número de persoas.