Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

Libros novos na biblioteca

Engadimos ao catálogo da biblioteca novos exemplares. Agardámoste na biblioteca!! Gastronomía: Peixes e mariscos. As receitas de Benigno Campos Novas lambetadas dunha larpeira feliz  Comic: Astérix gladiador  Astérix e os godos A volta á Galia de Astérix Natureza: Inventario ilustrado de insectos  Infantil: Os ratos da casa Lobishome Os bolechas van en burro  Os bolechas van nunha nave espacial  Os bolechas van de voda Os bolechas van a Lolilandia  Os bolechas van a un parque acuático  Os bolechas van á neve Os bolechas van de hotel  Os bolechas dormen na casa dos curmáns   Os bolechas van en carriño  Os bolechas ven unha moura Coñece estes animais e verás que son xeniais  Cando medre —que ilusión—, que serei de profesión?  Canta árbore e arbusto! Saír ao campo é un gusto!  Observade o mundo atentos, pois hai inventos a centos  O deporte é divertido. Escolle o teu preferido! Como nos gusta viaxar, por aire, por terra ou mar!  O corpo acaba e comeza polos pés e a cabeza  Xuvenil: Os pap

Divermaxia na biblioteca

Imagen
O venres pasamos unha tarde de risa e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.

Horario de inverno

O domingo 11 de setembro damos por finalizada a tempada estival co peche da piscina municipal. A bilbioteca tamén cambiará o seu horario e a partir do luns 12 de setembro voltará a estar aberta polas tardes de 17:30 a 20:30 horas, de luns a venres.

Consurso de consumo

Imagen
A Escola Galega de Consumo trasladouse a mañá do 24 de agosto ao campamento urbano coas actividades do LecerConsumo. Mentres que os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos escoitaron un conto e crearon un xoguete, os maiores, realizaron unha xincana e desopois gravaron un video para participar no concurso Planazo. O video reflexa un PLANAZO para este verán sen gastar un peso. Podes votar antes do venres ás 14:00 horas para que gañe o equipo Esgos en  https://www.facebook.com/escolagalegaconsumo/?fref=ts

Divermaxia na biblioteca

Imagen
Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos poderán asistir na biblioteca municipal de Esgos ao espectáculo Divermaxia, o venres 16 de setembro ás 18:00 horas Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.