Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Galiciale para todos durante o estado de alarma

Imagen
O catálogo de préstamos electrónicos www.galiciale.es , que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas galegas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.

Aclaracións sobre a impresión de tarefas escolares

Imagen
Como xa sabedes, mentres duren as medidas para a contención do coronavirus e poidamos, dende a biblioteca municipal imprimiremos as tarefas escolares e membros de Protección Civil volas deixarán na casa, pero compre aclarar que: Só imprimimos as tarefas dos usuarios da biblioteca deste Concello. Para un millor funcionamento deste servizo, por favor: 1. S eguide mandando ao correo electrónico esgostelecentro@gmail.com  unha vez por semana , ademais do nome do neno/a e o curso, as tarefas a imprimir, explicando claramente cales queredes. 2. Só repartiremos as tarefas unha vez por semana, sobre o mércores, así que tedes ata o martes pola mañá para enviar o correo. 3. Axudádenos, revisade as tarefas, xa que hai cousas que non é necesario imprimir e poden facelas os nenos directamente. Non se trata de imprimir por imprimir (xa sabedes que non nos gusta desperdiciar papel). 4. Coas tarefas tamén vos enviamos si queredes algún libro da biblioteca. Moitas gracias pola vosa paciencia! Estudiad

Mensaxe para os máis pequenos

Escribimos esta mensaxe pensando en imprimila coas tarefas escolares, pero como sodes moitos aos que non vos enviamos as tarefas, poñémola aquí para TODOS os máis pequenos da casa: Sodes os MILLORES!!! Neste momento de confinamento queremos aplaudirvos porque estades nas vosas casas demostrando un comportamento responsable e exemplar. O día é largo pero podedes facer un montón de cousas: tocar a frauta, bailar, ler, cociñar, xogar, ver a tele, cantar, debuxar, falar por teléfono cos amigos, etc. E seguro que vos queda un ratiño para estudiar! Pensade que cando todo isto remate teremos na biblio un montón de Kit-Kat acumulados de todas estas semanas, e para os intolerantes á lactosa tamén haberá algo.  Recordádelle aos vosos pais e sobre todo aos vosos avós que "QUEDAR NA CASA" significa:   Ir ao supermercado ou á farmacia o menos posible (1 vez por semana é suficiente e o pan tamén se pode conxelar ).      Acudir ao centro de saúde só si é imprescindible.     Non saír de pase

Impresión de tarefas escolares (coronavirus)

Imagen
Como xa vos informamos, mentres duren as medidas para a contención do coronavirus, dende a biblioteca municipal imprimiremos as tarefas escolares dos usuarios da biblioteca que residen neste Concello . Alumnos do Ben-Cho-Shey: Visto que o colexio Ben-Cho-Shey ao que asisten a maioría dos nenos e nenas do Concello, publica directamente na súa web as tarefas por cursos, basta con que mandedes o nome do neno e o curso ao correo electrónico esgostelecentro@gmail.com ou ao whatsapp como estades a facer xa algunhas nais. Dado que moitos teñen irmáns e que os profesores non poñen as tarefas todas xuntas, cada poucos días entregaremos o lote impreso no voso buzón. Tratamos así de evitar os desprazamentos como manda o estado de alarma no que nos atopamos. Alumnos doutros centros, iremos vendo como facemos en cada caso.

Peche temporal coronavirus

A Corporación Local adoptou en vista da actual evolución do COVID-19 (coronavirus), e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, SUSPENDER DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES que se leven a cabo nos centros municipias polo que a biblioteca permanecerá pechada ao público dende hoxe. Ademáis da biblitoeca tamén estará pechado o Centro Cultural Parada Justel e polo tanto se cancelan as actividades lúdicas, deportivas, formativas... Dende a biblioteca queremos facer un chamamento á responsabilidade de cada un, evitando na medida do posible os desprazamentos. Por eso poñemos en marcha os seguintes servizos: 1. Entrega de libros a domicilio: Para manterse entretidos e saír da casa o menos posible. Consulta o catálogo online e fai a túa reserva. http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021 Envía un correo a esgostelecentro@gmail.com indicando o libro que solicitas xunto co teu nome e enderezo e nós deixarémolo no teu buzón. 2. Impresión das tarefas escolares

Lingua de namorar 2020

Dalle renda solta a túa imaxinación e participa no concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos😍 O prazo ata o 9 de marzo. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: 1° Bicicleta pregable NILOX X2 Plus Motor 250w 2° Tablet LENOVO ZA470057SE. 10,1” 3° Cámara deportiva SUNSTECH Adrenaline O formulario para participar e máis información podedes atopala en  http://xuventude.xunta.es/

María Mendoza en concerto

Imagen
Concerto de piano de María Mendoza para conmemorar o Dia Internacional da Muller. Domingo 8 de marzo ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos)