Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Programación do Ler conta moito

Imagen
Este ano, a través do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia realizaremos na biblioteca dous obradoiros: un baseado nas ciencias con experimentos que nos descubrirán a algunhas das grandes científicas galegas e outro máis artístico, de lettering . Máis adiante publicaremos os horarios e xa vos poderedes apuntar.  

Monólogo de Leti da Taberna

Imagen
O sábado 9 de maio temos unha cita coa humorista Leti da Taberna no Centro Cultural Parada Justel. Esta cómica compostelá consolidouse como unha das voces actuais do humor galego tras alcanzar popularidade en 2020 cos seus vídeos en redes sociais. “Enredada” é un monólogo no que aborda con humor a relación coas redes sociais, combinando ironía e unha perspectiva feminista. Entrada de balde.