Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2016

Excursión a Combarro para mozos e mozas

Imagen
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Esgos organiza para o domingo 18 de setembro unha excursión a Combarro (Pontevedra) para mozos e mozas de entre 15 e 35 anos. As inscricións poden facerse nas oficinas municipais, na biblioteca, por correo electrónico ou a través do facebook do Concello antes do 12 de setembro. A reserva de prazas farase por riguro orde de inscrición, con preferencia para os empadroados neste concello. Prezos: 20 € para os empadroados e 25€ non empadroados. Inclúe: viaxe en autobús, visita pola vila de Combarro, ruta en barco pola ría e tempo de lecer. Non inclúe o xantar.

Tarxeta xente nova

Dende hoxe xa se pode solicitar a TARXETA XENTE NOVA, que lle permitirá aos mozos entre 4 e 18 anos realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas no transporte metropolitano de Galicia. Toda a información publícase en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e

Lecer consumo, no campamento de verán

Imagen
LecerConsumo é o programa que desenvolve a Escola Galega de Consumo nos meses de verán. "Neste verán, un consumo responsable e un lecer san" é o lema de LecerConsumo para o 2016, centrado nas actividades de lecer saudable como alternativa de lecer no verán. O programa consta de catro actividades diferentes segundo a idade das persoas destinatarias, e no campamento de verán de Esgos levaránse a cabo as seguintes: O XOGAR NON TEN CANCELAS Idade: 3 a 7 anos. Duración: 45 minutos. Descrición: Narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso mercar xoguetes para disfrutar do lecer. A continuación os nenos e nenas crean o seu propio xoguete (unha marioneta que representa unha personaxe do conto narrado previamente). NO VERÁN, UN LECER RESPONSABLE ESTÁ NA TÚA MÁN Idade: 8 a 12 anos. Duración: 1 hora e 30 minutos. Descrición: Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacion

Campeonato Provincial Ajedrez Activo Copa Diputación

Imagen
El sábado 20 de agosto a las 17:00 horas se celebrará en Esgos el Campeonato Provincial Ajedrez Activo - Copa Diputación. Inscripciones en el correo electrónico benchoshey@hotmail.com o en el whatsapp 657645380 antes del 19 de agosto a las 20:00 horas.

Festas Esgos 2016

Imagen

Visitas teatralizadas a San Pedro de Rocas

Imagen
O teatro chega ao Mosteiro de San Pedro de Rocas a través de visitas teatralizadas tódolos mércores e sábados, dende o día 6 de agosto ao 17 de setembro, ás 22.00 horas. A representación consta de sete escenas ca particularidade de que se busca a interactuación cos espectadores, cunha duración aproximada de 55 minutos. Os interesados en asistir a estas visitas, poderán facelo de forma gratuíta inscribíndose previamente no número de teléfono do Concello de Esgos (988-290-000), ou no número de teléfono do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (988-317-895)

Ponlle as pilas ao teu bocata

Imagen
A campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata" agasallou hoxe ós nenos e nenas con bocatas de conservas.