Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

Libros feministas

Imagen
Ampliamos o catálogo da sección "Biblioteca da muller" con libros sobre feminismo. Feminismo non é o contrario de machismo, o feminismo é o principio de igualdade de dereitos das mulleres e dos homes.   Nestes e noutros libros atoparás explicacións, casos reais, definicións (patriarcado, cosificación, sororidad, micromachismo, empoderamento...) para abrir a túa mente. Calquera momento é bo para aprender! Achégate ata a biblioteca. 

Un home lobo de visita na biblioteca

Imagen
Hoxe Anxo Moure achegouse ata Esgos co espectáculo Pes de lobo, un home lobo na biblioteca. Pasamos unha mañá chea de contos e cancións sobre animais, reciclaxe, coidado dos bosques... Este contacontos forma parte das actividades de promoción da lectura do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia

Diploma del premio María Moliner 2020

Imagen
Recibimos el diploma que acredita que la Biblioteca Pública Municipal de Esgos ha sido una de las ganadoras de la XX Campaña de Animación a la Lectura María Moliner 2020 , por su proyecto de fomento de la lectura, “Biblioteca redonda”. Este premio que distingue la labor y el compromiso con la cultura y el fomento de la lectura nos permitió actualizar nuestro catálogo con la compra de nuevos libros. El premio es para todos, así que muchas felicidades a todas las lectoras y lectores de nuestra biblioteca y a todos los que participais en las actividades que os proponemos. Y a los que aún no nos conoceis, os esperamos en la biblioteca.  

Contacontos "Pes de lobo, un home lobo na biblioteca"

Imagen
O xoves 22 de xullo temos sesión de contacontos da man de Anxo Moure, que se transformará nun vello home lobo para levar as nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia. Lugar: Praza da Souteira (Esgos) Data e hora : xoves 22 ás 11:00h Protocolo covid-19 : Obrigatorio o uso de máscara e distancia de seguridade Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Horario de verán

 O luns 19 voltamos ao horario de verán. A biblioteca estará aberta de luns a venres, de 11:30 a 14:00h

Verán cultural na biblioteca

Este verán os nenos e nenos poderán desfrutar de 2 sesión de contacontos na biblitoeca, enmarcadas no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Xoves 22 de xullo Pes de lobo, un home lobo na biblioteca. ANXO MOURE Ás 11:30 horas na Praza da Souteira, Esgos. Venres 13 de agosto Fantasías de papel. FÁTIMA FERNÁNDEZ Ás 11:30 horas na Praza da Souteira, Esgos. Protocolo covid-19: Obrigatorio manter a distancia de seguridade e usar máscara.

Libros máis prestados na rede

Imagen
En  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ podedes consultar o catálogo de todas as biliotecas da rede, pero si queres consultar o catálogo dunha biblioteca en concreto só tes que elexir a biblioteca e listo!. Ademais, nesta web tamén che mostran as últimas incorporacións e o listado dos exemplares máis prestados.  Como curiosidade... Dos 35 libros máis prestados a día de hoxe na rede de bibliotecas de Galicia, na nosa biblioteca atoparás 19, que os marcamos en verde. Si estás buscando algún libro que non está dispoñible na biblioteca non dubides en preguntar. Tentaremos conseguilo!