Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010

A biblioteca en Internet

Imagen
A biblioteca do concello forma parte da "Rede de bibliotecas de Galicia" e un dos benefecios que esto supón é que a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org pódese consultar o catálogo de libros dispoñibles, reservar libros... Consultar o catálogo é tan sinxelo como: Acceder á web www.opacmeiga.rbgalicia.org Elexir a Provincia (Ourense), Comarca (Ourense), Concello (Esgos). "Entrar na Biblioteca" Unha vez dentro da web da biblioteca de Esgos poderemos buscar libros por título, autor, materia... E tamén reservar libros, deixar a nosa opinión sobre os libros que lemos, etc. Aínda nos faltan libros por catalogar, pero xa te podes achegar ata a biblioteca e ver o material que temos á vosa disposición: Infantil: libros de contos, aventuras, natureza, animais, comics... Adultos: novelas, historia, cociña, medicina, arte, cine, galicia... Anímate a ler!!!

Curso de risoterapia

Imagen
“OS BENEFICIOS DA RISA PARA A SAÚDE” CURSO RISOTERAPIA (unha terapia para mellorar a saúde) DATA DE COMENZO: Sábado 20 de FEBREIRO HORARIO: Sábados 17:30 as 19:00 Horas. LUGAR: Local Social (Centro de Saúde) Esgos. Con este curso conseguirás mellorar aspectos físicos e psicológicos Exercitarás máis de 400 músculos, tanto do estómago como da cara Oxixenarás os pulmóns Rexuvenecerás os músculos da cara Eliminarás o estrés Aliviarás problemas depresivos Aprenderás a exteriorizar as túas emocións Si estás interesada VEN Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! (exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)

Os Reis Magos visitaron ós rapaces de Esgos

Imagen
O martes pola mañá, víspera do dia de Reis, as suas maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ós nenos do concello. Deixaron os camellos nunha cuadra próxima e un empregado do concello foi a recoller a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegalos ata a praza da Souteria, onde os agardaban os nenos. Repartiron ó chegar caramelos, piruletas, globos, etc Tamén entregaron os premios do "X Concurso de postais" e unhos agasallos a todos os nenos presentes: puzles dos Bolechas no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Estes puzles ainda nos sairon ó mercado, pero os nenos de Esgos xa poden disfrutar deles en primicia.