Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Taller de memoria

Un ano máis o Concello vai realizar o obradoiro de memoria , que engloba diferentes temas como: talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración... Está dirixido a todos os veciños/as e non hai límite de idade para participar. Esta edición do taller comezará o luns 5 de marzo, e para evitar desprazamentos, impartirase como viña sendo costume nos locais sociais: Pardeconde - Quinta do Monte: Os luns de 3 a 4.30 horas da tarde Esgos - O Pinto: Os luns de 4.45 a 6.15 horas da tarde Gomariz - Lobaces: Os luns de 6.30 a 8 horas da tarde.

Cea de mulleres

Imagen
A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" organiza con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora , unha cea dirixida a tódalas mulleres do concello. Inscripcións nas oficinas de Servizos Sociais do Concello ou chamando ó 988290000 (Ángeles) antes do 7 de marzo. Haberá música en directo e un agasallo para todas. LUGAR: Restaurante CASA SACRA (O Pinto) DATA: sábado 10 de marzo HORA: 22.00 h. PREZO: 20 € socias, 25 € non socias (para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2012)

Premios "Entroido 2012"

Imagen
Primeiro premio: "Os cavernícolas" Segundo premio: A orquesta "Pequena tropa" Terceiro premio: Os bombeiros Cuarto premio: "As vacas" Mellor grupo reducido: "As bandeiras" Mellor individual: "Transformer de Formula 1"

Desfile e concurso de Entroido 2012

Imagen
Data: Domingo 19 de febreiro Hora: 17.00 h. Lugar: Praza da Souteira, en Esgos Premios: Mellor disfraz individual (40 €) Mellor grupo reducido (50 €) Grupos numerosos e carrozas: 1º clasificado: 100€ e un xamón 2º clasificado: 80€ e unha cachucha 3º clasificado: 70€ e un lacón 4º clasificado: 60€.