Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2013

Visita do campamento urbano á Escola de Adestramento Canino do Castelo

Imagen
O pasado xoves 22 de agosto os nenos do campamento urbano visitaron a Escola de Adestramento Canino do Castelo . Todas as fotos poden verse en eiquí .

Proxección de "A última viaxe do afiador"

Imagen
A proxección onte á noite da película-documental "A última viaxe do afiador" na praza da Souteira, foi un éxito de público. Ademais do director da película e o protagonista, acudiron veciños deste e doutros concellos e tamén se puido ver unha pequena mostra de rodas de afiar.

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"

Imagen
Dentro das actividades do campamento urbano de verán , o xoves 22 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que non haberá actividades para os nenos na praza da Souteira.  Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas.  Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos. 

Cinema de verán: A última viaxe do afiador

Imagen
O mércores 21 de agosto ás 22:00 horas na praza da Souteira, en Esgos proxectarase a película-documental A Última Viaxe do Afiador .

Facemos pan no forno de Melón Baixo

Imagen
O campamento urbano trasladouse hoxe a Melón Baixo para facer pan no forno do pobo. Aprenderon como se fai a masa e despois déronlle forma a masa que previamente nos preparou Mari, de Panadería Agustín. A falta de experiencia fixo que algunhos dos boliños se queimaran un poco, pero para o ano estaremos máis atentos... Eiquí tedes o resultado: Aproveitamos tamén para achegarnos ata a burra e as vacas de Agustín e os coellos e as pitas de Juan. Pódense ver as fotos en: https://picasaweb.google.com/

Visita do campamento urbano á residencia de maiores

Imagen
Os nenos e nenas do campamento urbano visitaron hoxe a residencia de maiores de Esgos para coñecer as instalacións e cómo viven os maiores ingresados. Levaron como agasallo un centro de flores que eles mesmos elaboraron con papel. As fotos da visita poden verse en:  https://picasaweb.google.com/

Festas San Vitores (Esgos 2013)

Imagen

Mais actividades do campamento de verán

Os nenos e nenas que asisten ó campamento urbano de Esgos, para esta semana teñen programadas dúas actividades diferentes: O xoves 8: VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES Coma todos os días haberá campamento na praza da Souteira, pero de 11:15 a 12.45 horas daremos un paseo ata a residencia de maiores de Esgos. Os nenos levarán ós maiores un agasallo que están realizando entre todos e coñecerán as instalacións da man da traballadora social da residencia. O venres 9: COCEREMOS PAN EN MELON DE ABAIXO Este dia non haberá campamento na praza da Souteira porque nos trasladamos a Melón de Abaixo no mesmo horario (10:30 – 13:30 horas). Os pais deberán levar ós nenos a Melón de Abaixo e recollelos no mesmo sitio. A actividade panadeira comezará ás 11 coa explicación da elaboración do pan, despois poderán dar forma á masa que cocerán no forno antigo do pobo. (A masa xa a teremos preparada porque senón non daría tempo). Colabora: Panadería Agustín

Un éxito a visita á alfareria Alto do Couso

Imagen
Os nenos e nenas do campamento urbano de Esgos visitaron hoxe a Alfarería Alto do Couso. Puideron observar de primeira man todo o proceso de fabricación de pezas de cerámica e despois ó xeito tradicional, facendo uso do torno todos elaboraron a sua propia peza de cerámica. Nos vindeiros días, despois de que Sindo as coza no forno, poderán decoralas ó seu gusto. Todas as fotos poden verse no seguinte enlace: https://picasaweb.google.com/107243374208144732590/VisitaAAlfareria?authkey=Gv1sRgCNHN9OGf59aJlQE