Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Clases de inglés

Licenciado en Filoloxía Inglesa ofrécese para impartir clases de inglés en Esgos. Pódense facer varios grupos segundo as necesidades: de apoio para aqueles alumnos que o necesiten, de perfeccionamento ou de inciación. En principio as clases serían os sábados, cunha duración de 90 minutos, aínda que tamén se poden impartir pola semana. O custe das clases é de 35 euros mensuales. Para máis información chamar ao teléfono 615658459 (Carlos).

Aerobic

A Asociación de Veciños "Rocas" está a preparar un curso de aerobic que comezará o 10 de abril e rematará o 8 de xuño. As clases impartiranse no local social de Vilar os martes e os xoves de 21 a 22 horas. O custe desta actividade son 10 euros, que deberán ser abonados o primeiro dia. Os interesados en participar deberán anotarse na biblioteca ou o primeiro dia de clase.

PROXECTO "DESTINO EMPLEO"

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías - AGESTIC- www.agestic.org, co apoio e cofinanciación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo - Plan Avanza 2 pon en marcha o proxecto "DESTINO EMPLEO" : Se es unha muller residente en Galicia e queres mellorar as túas habilidades e competencias á hora de atopar emprego ou pór en marcha o teu propio negocio , DESTINO EMPLEO, pódeche axudar. Totalmente on-line , de forma gratuíta e co apoio de expertos poderás aprender a sacarlle o máximo partido aos portais de emprego, as redes sociais, crearche unha identidade dixital, trucos para os teus CV etc ou ser guiada e asesorada para levar a túa idea de negocio á realidade (plan de empresa, marketing, financiamento, recursos humanos...) Se estás interesada en participar no proxecto envía un correo a proyectos@agestic.org , indicando o teu nome e apelidos, teléfono e o que prefires (atopar emprego ou pór en marcha o meu propio negocio, só é posible escoller un dos dous) Data d

Cursos de Idiomas no Extranxeiro

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2012. Dirixido a: Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos Prezo: Varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos. Prazo para as solicitudes: Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro, e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro). Toda a información pode consultarse en: http://xuventude.xunta.es/

Campaña Verán 2012

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012. O obxectivo desta campaña é favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital. Ademais tamén existe a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. Mais Información: http://xuventude.xunta.es

Educamóbil

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer: Lugar: Local social de Vilar Dia: Luns 26 de marzo Hora: De 16.30 a 20.00 horas Este servizo é totalmente gratuito. Máis información nos Servizos Sociais do Concello.