Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2011

Aerobic

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de aerobic que se impartirá os martes e xoves de 21 a 22 horas no local social de Vilar . Comezará o martes 5 de abril e rematará o xoves 30 de xuño. Si estás interesada, acode.

Curso de arte floral

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás súas socias a participar nun curso de arte floral que se impartirá os sábados no local social de Esgos. Comezará o sábado 2 de abril e rematará o 4 de xuño. Horario: Sábados de 16.30 a 18:30 horas

Acción de Verán 2011

Imagen
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2011 , para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional. 'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, dirixido a todos aqueles mozos e mozas de entre 9 e 35 anos que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Dos 9 aos 17 anos: Campamentos en toda a comunidade. Dos 18 aos 35 anos: Aventura e deporte, multiaventura, rutas de kaiak, ruta embarcacións tradicionais, navegación en barco pesqueiro e fins de semana nas illas Cíes. Máis información en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Entroido 2011

Imagen
O domingo de entroido comezou co percorrido dos felos polos pobos do concello. Ás cinco da tarde, a cita era na praza da Souteira para ver o desfile e o concurso. Os premiados este ano foron: "Os picapiedra" "A ambulancia" "A Torre Gala" "A Voda" "Blacanieves y los 7 enenitos" "Os canívales" Pódense ver fotos do entroido na galería fotográfica da web do concello e no facebook.

Dia da muller

Imagen
O martes 8 de marzo celébrase o "Dia da Muller" baixo o lema "Vivir a diferenza garantir a igualdade" As mulleres, e tamén os homes poden atopar na web http://igualdade.xunta.es/ todo tipo de información de interese sobre a situación das mulleres, tanto en Galicia como no resto do mundo, sobre as actuacións, axudas e programas que leva a cabo a área de Igualdade da Xunta de Galicia e outros organismos públicos e privados. Para festexar este día, a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" está a organizar unha Xuntanza de Mulleres do Concello de Esgos no Restaurante Los Caracoles. Anótate antes do mércores 16 de marzo chamando ó teléfono do Concello: 988 29 00 00 ( preguntar por Angeles ), na perruquería Lúa Chea ou falando con Noemí. DATA: Venres 18 de marzo. HORA: 10 da noite LOCAL: Restaurante “Los Caracoles” PREZO: Socias : 20 € Non socias : 30 € (para ser consideradas socias debe estarse ó corrente do pago da cuota do 2011 ) Haberá músic