Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

Día das bibliotecas

Imagen
  O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón". Preténdese destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Anímate a participar nesta campaña publicando nas túas redes sociais fotos na biblioteca, dos libros que estás lendo, etc  Etiquétanos  #DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón  #biblioEsgos

Libros para o Samaín

Imagen
  Achégase o Samaín e na biblioteca tedes unha morea de libros con temática de medo. Perde o medo! Achégate ata a biblioteca!!

Samaín 2020

Imagen
  Xa se achega o Samaín e como este ano non podemos realizar o percorrido polas casas propoñemos unha celebración diferente: 1. Decorade terroríficamente as vosas casas, ventás, paredes... o que queirades. 2. Enviade unha foto co voso nome e enderezo a biblioesgos@gmail.com 3. A Santa Compaña pasará polas vosas casas. Para participar inscríbete na biblioteca ou a través do correo electrónico biblioesgos@gmail.com antes do 27 de outubro.