Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Educamóbil

Imagen
O vehículo Educamóbil estará situado na praza da Souteira, en Esgos o venres 8 de maio pola tarde, de 16:30 a 20:00 horas para que os nenos e nenas poidan desfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.

Banco de Contidos de AulaPlaneta

Imagen
A partir de hoxe luns 20 de abril, os lectores da biblioteca poderán acceder ao “Banco de Contidos” de AulaPlaneta. Este recurso electrónico é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interactivos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. Os usuarios da biblioteca poden acceder a este recurso a través da web http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021 (sección "Recursos web" e, dentro dista, "Recursos electrónicos") identificándose co seu código de usuario (é dicir, o número de carné da biblioteca) e o seu contrasinal. Ademais de ao "Banco de Contidos" tamén se pode acceder actualmente aos seguintes recursos: E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida

Fotos das camisetas

Imagen
Hoxe estivemos customizando a nosa roupa da man da Asociación Xarela. Os máis pequenos colleron os pinceis e este foi o resultado:

Aprende a decorar a tua roupa

Imagen
O venres 17 de Abril de 17:30 a 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Esgos os nenos e neas e os seus pais e nais aprenderán a decorar a sua roupa pintando debuxos orixinais. Trae a prenda que queiras decorar, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós. Esta é unha actividade do programa  Abril, mes do libro.  que se está a levar a cabo na biblioteca.

Abril: Mes do libro

Imagen
O 23 de abril celébrase o “Dia do libro” pero este ano, na biblioteca, vamos a celebrar o MES DO LIBRO con actividades para todos: Lectores de libros electrónicos (ebooks) ¿Queres probar un lector de libros electrónicos? Achégate ata a biblioteca e poderás usar o noso. Semana do 6 ao 10 de abril GALICIALE ¿Sabías que por ser usuario da nosa biblitoeca podes acceder a través de  www.galiciale.es  a unha morea de libros electrónicos totalmente gratis? Pásate pola biblioteca e explicarémosche como facelo. Semana do 13 ao 17 de abril Personalización de camisetas O venres 17 de abril ás 17:30 horas personalizaremos a tua roupa. Trae a prenda que queiras, que non sexa elástica e o resto do material xa o poñemos nós. Manualidades O 23 e o 24 de abril os nenos e nenas farán e escribirán o seu propio libro.