Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2012

Clausura do campamento de verán

Hoxe clausúrase o campamento urbano de verán que comezara o 1 de xullo e no que participaron 50 nenos. Para rematar proxectamos as fotos que fixemos nas actividades do campamento: manualidades, guerra de globos de auga, visita á escola de adestramento canino , andaina, etc. Os pais que queiran unha copia das fotos poderán pasar pedilas na biblioteca.

Horario de festas

Biblioteca: mércores 22, xoves 23, venres 24: de  11 a 13.30 horas luns 27 e martes 28: pechada Campamento de verán: luns 27 e martes 28 non haberá campamento Oficinas municipais:  mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas

Programa das festas de Esgos 2012

Imagen

O campamento urbano na escola de adestramento canino "Do Castelo"

Imagen
O campamento urbano de Esgos trasladouse hoxe á escola de adestramento canino "Do Castelo" para que os nenos puideran visitar as instalacións. Comezamos cun percorrido polas canceiras e despois puidemos desfrutar dunha pequena demostración con varios cans. Tamén aprenderon cómo achegarse sen perigo ós cans e como acaricialos. Para rematar todos puideron pasear a unha cadela.

Sábado de película...

Imagen
A película VILAMOR proxectarase en Esgos. Data: sábado 18 de agosto Hora: 22:00 h. Lugar: Praza da Souteira, Esgos. Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/  e en  https://www.facebook.com/vilamorfilme

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"

Imagen
Dentro das actividades do campamento urbano de verán , o luns 13 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que NON haberá actividades para os nenos na praza da Souteira.  Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán:  Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma.  Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos.  Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)