Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

Diccionario das Letras Galegas

Imagen
O dia das Letras Galegas deste 2019 adícase ao pontevedrés Antón Fraguas Fraguas, escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo galeguista. En 1923 (con 18 anos) foi un dos fundadores da Sociedade da Lingua, en Pontevedra,​ co obxectivo de promover a defensa do gallego e publicar un diccionario, que nunca salíu á la luz. Partindo desta idea, na biblioteca imos elaborar esta semana un mural/diccionario con palabras en galego que nos gusten pola sua sonoridade, polo seu significado, polo que representan, etc. As nosas propostas son: NIFRAR:  Chorar debilmente por algo que non gusta ou sen motivo aparente. Por moito que nifres, non vai ser como queiras ti . Sinónimos: choricar, choromicar, mexericar. LERCHO/LERCHA: Que fala mal dos demais, que conta cousas que debería calar. Es moi lercha, pero a min non me veñas con díxomes . Sinónimos: lareto, lingoreteiro, linguateiro Anímate e ven a escribir as tuas palabras!

Excursión a Pontevedra

Imagen
Data: Sábado 1 de xuño. Itinerario: Saída de Esgos ás 8:00h, visita guiada por Pontevedra, Comida, visita a Combarro (Conxunto histórico artístico) e Sanxenxo Inscricións: A reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais a partir do 14 de maio, con preferencia para os veciños e veciñas empadroados neste concello Prezos: 20 € (empadroados) e 30 € (non empadroados)