Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

NON

Imagen
NON é un fanzine colaborativo feito en Esgos, que reúne poesía, relatos, ilustracións e fotografía feito por xente da comarca. Xa podes recoller de forma gratuita un exemplar na nosa biblioteca. Se queres colaborar dalgunha forma non dubides en escribir a fanzinenon@gmail.com  (Fanzine: publicación periódica feita con poucos medios e de tirada reducida que trata de temas culturales)

Aprende coas mulleres galegas

Imagen
O proxecto "Aprende coas mulleres galegas" pretende achegarnos unha serie de actividades para coñecer e afondar na vida de diferentes referentes intelectuais de Galicia. Maruja Mallo: foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Considerada unha das máximas representantes do surrealismo, a súa obra destaca en todos os ámbitos por unha constante e innovadora evolución artística. Mª Victoria Moreno: foi unha profesora e escritora en lingua galega que se adicou principalmente á literatura infantil e xuvenil acadando un amplo recoñecemento polas obras "Anagnórise" e "Guedellas de seda e liño". Ángela Ruiz Robles: chegou a Galicia con 23 anos para exercer como mestra preto de Ferrol. Non só ensinou a escribir a nenos e nenas, senón tamén a pais e nais analfabetos. Ademáis de mestra foi inventora, deseñando o que se considera o primeiro prototipo do libro electrónico. Concepción Arenal: foi unha xurista, escritora, xornalista e loitadora que traball

As lectoras superan aos lectores na nosa biblioteca

Imagen
O número de usuarios activos (aqueles usuarios que polo menos levaron 1 libro en préstamo) é un dos indicadores de calidade das bibliotecas.  Por curiosidade quixemos saber a porcentaxe de usuarios activos na nosa biblioteca por idade e por sexo, e descubrimos que n o que vai de ano as lectoras superan aos lectores. O noso reto para os vindeiros meses é aumentar o número de lectores, tanto homes como  mulleres,  así que aceptamos suxerencias de compra de libros, xornais, revistas... que poidan ser do voso interés.

Plantas como agasallo polas Letras Galegas

Imagen
Este ano para celebrar as Letras Galegas organizamos un sorteo entre os usuarios , pero ao final decidimos que TODOS os participantes teredes un agasallo:  unha planta de tempada para os usuarios que  levastes en préstamo algún libro en galego durante a semana pasada.  De momento as petunias, begonias e alegrías xa están adornando os nosos andeis, pero agradecemos que pasedes a recollelas o antes posible. 

A biblioteca na prensa local

Imagen
O xornal La Región fíxose eco onte da actividade programada pola biblioteca para celebrar as Letras Galegas. Sortearemos plantas de temporada entre os usuarios para promocionar a lectura en galego. Máis información

Semana das Letras Galegas

Imagen
A Real Academia Galega dedicalle o Día das Letras Galegas de 2021 a  Xela Arias Castaño (Sarria, 1962 - Vigo, 2003), quen, ademais de ser unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, tivo tamén unha  frutuosa carreira como profesora, editora e tradutora de clásicos. Dende a biblioteca do Concello de Esgos queremos promocionar e "premiar" a lectura en galego, así que os préstamos desta semana poderán ir acompañados dun agasallo. Sorteramos 20 plantas de tempada entre os usuarios que leven en préstamo algún libro en galego entre o dia 10 e o 14 maio. O sorteo realizarase o día 18 de maio na biblioteca, onde se publicará tamén a listaxe de premiados. IMPORTANTE: Lembrade que para os préstamos é necesario presentar o carné da biblioteca.

Aviso

 A biblioteca permanecerá pechada ao público hoxe venres 7 de maio. Desculpade as molestias.  Voltamos o luns!

Enquisa sobre a participación xuvenil en Galicia

Dende a ONG Solidariedade Internacional Galicia están a desenvolver unha investigación sobre como participades os mozos e as mozas de entre 14 e 30 anos (ambos incluídos). Interésalles coñecer que temas sociais te interesan, se participas ou non dalgunha iniciativa, e a túa opinión sobre se te parece importante ou non iso de “participar”. No seguinte enlace podes acceder ao cuestionario en liña https://soligalicia.limesurvey.net/322386?lang=gl O cuestionario é anónimo, fácil de cubrir e non dura máis de dez minutos. O prazo para cubrir o cuestionario remata o 23 de maio. Podedes ler máis sobre o estudo na web de Solidariedade Internacional de Galicia: https://solidaridadgalicia.org/como-e-a-participacion-xuvenil-en-galicia/