Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2017

Curso de gaita e percusión

O vindeiro sábado 7 de outubro comeza o novo curso 2017/2018 de gaita e percusión. As clases, que están dirixidas a nenos e adultos, impartiranse os sábados ás 15:30 horas en Esgos. Máis información e novas inscricións no Concello ou Biblioteca.

Xuventur 2017

Que é Xuventur? Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade. Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro. Quen pode participar? Mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia. Obxectivos do programa • Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal. • Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. • Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo rural de G

Novo horario da biblioteca

A partir de hoxe a biblioteca volta ao horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas. Agardámosvos a todos!

Peche da piscina municipal

O domingo 10 de setembro será o último día de apertura das piscinas municipais e o luns 11 a biblioteca volverá a estar aberta en horario de tarde, de 17:30 a 20:30 horas.