Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

Axúdanos a elixir os obradoiros que faremos na biblioteca

Un ano máis a Xunta de Galicia oferta varios obradoiros de animación á lectura para as bibliotecas públicas. Dende a biblioteca eliximos varios obradoiros e queremos saber que vos parecen. No seguinte formulario atoparás o listado dos obradoiros que vos propoñemos:   https://forms.gle/p4JLj8hz8UGiAjxCA Só tes que indicarnos en cales participarías! Grazas pola túa colaboración!

Taller de memoria

Imagen
O venres 13 de marzo iniciamos unha nova edición do taller de memoria e estimulación cognitiva para adultos. Do mesmo xeito que facer exercicio físico é bo para o noso corpo, o adestramento cerebral axúdanos a manter a nosa memoria e mente sa, contribuíndo a un mellor funcionamento. As clases, que serán totalmente prácticas impartiranse na biblioteca municipal os venres de 16:00 a 17:30 horas.