Entradas

Mostrando entradas de abril, 2008

Charla informativa sobre acollemento familiar temporal

Imagen
A AAVV Rocas tiña convocada para o pasado venres, 25 de abril ás 18:30 horas no centro social de Esgos, unha charla informativa sobre acollemento infantil temporal, pero houbo un cambio de última hora e a charla tivo que desenrolarse noutro lugar. Mónica Devesa, traballadora social de Cruz Vermella e coordinadora deste programa, faloulles ós asistentes, do acollemento temporal (dende fins de semana ata un mes) de nenos e rapaces. Estes rapaces pertencen a familas que atravensan dificultades e que neste momento non se poden facer cargo deles, de ahí ó carácter de "acollemento temporal". Esperemos que alguén se anime a participar no programa.

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, celébrase o día do libro e dende o telecentro queremos animarvos a que nos contedes qué libro estades lendo ou ides ler, ou cal nos recomendades. A continuación podedes ver a lista dos 10 libros más vendidos no que vai de ano: Ficción: El asombroso viaje de Pomponio Flato , de Eduardo Mendoza El niño con el pijama de rayas , de John Boyne Un mundo sin fin, de Ken Follett Harry Potter y las reliquias de la muerte. VII Parte , de J.K. Rowling Te daré la tierra , de Chufo Lloréns No Ficción: El secreto , de Rhonda Byrne El encantador de perros , de César Millán El príncipe y el rey , de José García Abad Convivir: El equilibrio en las relaciones de pareja, familiares y laborales , de Luis Rojas Marcos Un burka por amor: La emotiva historia de una española atrapada en Afganistán , de Reyes Monforte Fuente: www.elcorteingles.es

Unha partida de Pictionary

Imagen
Onte pola tarde votamos unha improvisada partida ó pictionary no telecentro, pero cambiando un pouco o método do xogo: en vez de debuxar en papel, había que debuxar no ordenador , usando o Paint. Este detalle complicou un pouco a cousa, porque non é tan fácil debuxar con rato. Ó final gañaron os mellores...

Cursos de alfabetización Informática II

Esta semana comezaron dous novos cursos para completar a formación dos alumnos que participaran nos anteriores cursiños de alfabetización informática. Os alumnos, na súa maioría mulleres, repasaran as técnicas aprendidas no módulo anterior e profundizarán no manexo do procesador de textos e as carpetas, ademáis de aprender a grabar información en cds e a pasar fotografías da cámara dixital ó ordenador. Seguiremos tamén practicando co correo electrónico e buscando información en internet.

Entrega de diplomas

Imagen
Onte pola noite os alumnos da terceira convocatoria de cursos de alfabetización informática decidiron "celebrar" o fin de curso tomando unhos pinchos no Agarimo. Aínda que non puideron estar todos, pasamos un rato moi agradable. Como xa ven sendo costume, cada un recibiu o seu diploma.