Entradas

Mostrando entradas de julio, 2008

Excursion a Aquapark

Imagen
O pasado mércores un grupo de mozos e mozas de Esgos partiu cara A Coruña para pasar o día no Aquapark . Esta excursión que se ven realizando dende fai unhos anos dende a concellería de cultura é sempre un éxito de participación. O autobús saíu de Esgos ás 9 da mañá e aínda que ó chegar a A Coruña o tempo estaba un pouco fresco uns poucos "valientes" se meteron na auga. Pola tarde quentou o sol e foi cando todos se animaron a tirarse polos tobogáns. A continuación pódense ver algunhas das fotos da viaxe. Estas e outras fotos podédelas atopar no telecentro nun CD por si queredes copias. aquapark view presentation

I Encontro cos veciños de Esgos emigrados

Onte pola tarde celebrouse na praza da Souteira o "I Encontro cos veciños de Esgos emigrados" na praza da Souteira. O concello quere así ter un "detalle" cos veciños emigrados que veñen a pasar unhos dias no mes de xullo e que non poden asistir ás festas de agosto. Xuntáronse na praza unhas cen persoas para degustar un menú a base de empanada, chourizo, lacón cocido alí mismo, viño, bica. Os presentes recibiron como agasallo DVDs e libros sobre a Ribeira Sacra e participaron nun sorteo con premios como estancias no Parador de Santo Estevo, viaxes no catamarán polo Sil, noites en casas rurais, obxetos decorativos, queimadas, camisetas... Todo amenizado pola banda de gaitas do concello de Esgos.

Tiro ó prato

Imagen
A asociación "Os Tarreirigos" celebrou o pasado domingo unha xornada de tiro ó prato no campo de tiro de Rocas. Dende a mañá e ata cerca da noite houbo varias tiradas, nas que participaron veciños de varios concellos. E como non podía ser doutra maneira, "os tarreirigos" e os seus invitados comeron no campo, debaixo dunha carpa que montaron para estar á sombra. Xa era noite cando acabaron de recoller todos os "telderetes" e apañar cartucho por cartucho.

O ADSL cada vez máis cerca

Imagen
Como xa vos adiantei nunha das novas publicadas neste blog, están a instalar a fibra óptica para que poidamos contratar por fin o ADSL. Os operarios cos que falei contaronme que de momento só van chegar ata Esgos e que para finais do verán estará a obra rematada e que xa poderemos contratar os servizos. ¡ Por fin ! Así que si todo vai ven, para o outono xa poderemos ter unha conexión a internet como deus manda. Xa sei que esta nova é un pouco difícil de crer, así que fixen fotos dos rollos no Pinto, para os máis incrédulos. Pero bueno, de todos modos, os que transitades pola carretera OU-536 seguro que xa os vistes.

Ourense lúdico.

Imagen
O "Ourense lúdico" na súa 14ª edición, realizará en Esgos actividades artísticas e lúdicas para nenos/as de 3 a 14 anos, todos os luns de 16.00 horas a 18.00 horas: 21 e 28 de xullo en Vilar 4 de agosto en Lobaces 11 de agosto en Folgoso 18 e 25 de agosto en Esgos Entre as actividades que se levan a cabo destacan: recortáveis, papirofléxia, globofléxia, modelado, pintura, reciclaxen, cestaria, tear, xogos tradicionais, obradoiros variados, xogos cooperativos, etc.

Actividades na piscina

Co fin de aproveitar ó máximo as instalacións municipais este verán vanse realizar dende o concello varias actividades nas piscinas. Ademais dos cursos de natación que se están realizando polas mañás, a partir de hoxe comezan dúas novas actividades, para que a tarde na piscina se faga máis amena: talleres para nenos e clases de aerobic . Todos os luns e mércores entre as 19.00 e as 20.00 horas haberá diferentes actividades para os nenos. Tamén os luns e mércores , de 20.00 a 21.00 horas haberá clases de aerobic nas piscinas. Ó igual que os cursos de natación, estas dúas actividades son gratuitas para todos os veciños.

II Concurso fotográfico: Verán 2008

Imagen
Xa está en marcha o II Concurso fotográfico "Verán 2008" do concello de Esgos. Calquera veciño pode participar entregando no concello un máximo de dúas fotos, que teñan relación co verán do 2008 en Esgos. O prazo de entrega remata o 5 de setembro. Este ano, como novidade, as fotos expoñeranse na piscina a medida que os participantes as vaian entregando. As catro mellores fotos levarán premio: 1º clasificado: cámara fotográfica 2º clasificado: ipod shuffle 3º clasificado: pendrive 4º clasificado: pendrive Xa sabes, ¡ anímate e participa !

Cultura vai. Espectáculos culturais na rúa.

Este verán, dentro do programa Cultura vai (espectáculos culturais na rua), haberá en Esgos un espectáculo de maxia e outro de música. Estrelas máxicas O carriño máxico. Tipo: Maxia. Data: 19 de xullo Lugar: Vilar Hora: 22:00 h. Escola de Samba Zumbón Batukada e Capoeira Tipo: Música Data: 21 de agosto Lugar: Praza da Souteria (Esgos) Hora: 21:30 h.

Apúntate a excursión a Aquapark

Imagen
EXCURSIÓN A concellería de cultura do concello de Esgos organiza para o vindeiro 23 de xullo unha excursión ó Aquapark de Cerceda (A Coruña). Os nenos menores de 10 anos deberán ir acompañados dun adulto. O prezo, que inclúe o autobús e a entrada, é de 5 euros para empadronados e 10 euros para non empadroados. Máis información e inscripcións nas oficinas do concello ou chamando ó 988290040. O prazo para inscripción remata o 19 de xullo.

Demostra o que sabes de... ortografía

Imagen
Hoxe vamos a repasar un pouco de ortografía facendo uso de aplicacións que se poden atopar en internet. O xogo consiste en escribir correctamente unha serie de palabras. Para comezar, cada grupo deberá escoller unha lista do seguinte Listado de palabras e completalas correctamente. Pero, para demostrar o que sabemos, debemos completar correctamente todas as palabras que nos propoñen neste concurso . Cada fallo que cometamos, acompáñano dunha pequena explicación. Xa sabes, ¡demostra o que sabes!

Cine de verán

Imagen
Este mes de xullo, dentro da programación do cine de verán de Caixa Nova no concello proxectaranse duas películas: Película: The Holiday Lugar: Vilar Data: Mércores, 16 de xullo Hora: 22:30 Película: Nacido para molar Lugar: Esgos Data: Xoves, 31 de xullo Hora: 22:30 Nos dous casos, en caso de choiva, a película proxectarase nos centros sociais.

Cursos de firma electrónica e DNIe

Imagen
A mancomunidade de concellos da comarca de Ourense, a través da sua páxina web http://www.mancourense.es/ ofrece acceso directo ás web dos concellos que forman esta mancomunidade, un listado de todos os servizos que se poden realizar coa administración a través de internet, e acceso a unha plataforma de formación . A través desta plataforma de formación, 25 veciños de Esgos están a realizar dende a semana pasada un curso online de firma electrónica, en horario de 20:30 a 22:00 de luns a venres. Neste curso aprenderán que é e para que sirve unha firma electrónica, cómo conseguila e cómo utilizala, os servicios dispoñibles a través de internet, e cómo usar o DNIe. Ó rematar este curso, faremos un máis breve de comercio electrónico .

Horario de verán do telecentro

Imagen
Durante o verán, como xa ven sendo habitual, o telecentro abrirá polas mañás, no seguinte horario: De luns a venres de 8:30 a 14:20 horas . Os sábados de 10:30 a 14:00 horas Polas tardes, de 20:30 a 22:00 horas, séguense impartindo cursos.