Actividades na piscina

Co fin de aproveitar ó máximo as instalacións municipais este verán vanse realizar dende o concello varias actividades nas piscinas.
Ademais dos cursos de natación que se están realizando polas mañás, a partir de hoxe comezan dúas novas actividades, para que a tarde na piscina se faga máis amena: talleres para nenos e clases de aerobic.
  • Todos os luns e mércores entre as 19.00 e as 20.00 horas haberá diferentes actividades para os nenos.
  • Tamén os luns e mércores, de 20.00 a 21.00 horas haberá clases de aerobic nas piscinas.

Ó igual que os cursos de natación, estas dúas actividades son gratuitas para todos os veciños.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Obradoiro de pintura en familia

Escape room na biblioteca

Samaín