Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como carreira-andaina

IX andaina e IX Subida Rocas - O Eirado

Imagen
Xa está aberto o prazo de inscrición para a IX andaina do concello de Esgos e a IX subida Rocas - O Eirado, que este ano, ademais de Campionato Galego de Montaña, tamén será Campeonato de España. Toda a información pode consultarse en:  http://www.subidarocasoeirado.com

Fotos da VI andaina popular de Esgos e da VI Subida Rocas - O Eirado

O pasado domingo celebrouse en Esgos o Campionato Galego de Montaña e a carreira "Subida Rocas - O Eirado" na que participaron máis de 250 atletas. Ivan Docampo da Soc. Gimnastica de Pontevedra e Purificacion Bermudez do Noteibra foron proclamados campións galegos de Montaña. Paralela a esta proba desenvolveuse a VI andaina popular do concello na que participaron 200 persoas.  A continuación deixamos enlaces ás fotografías: Fotos da andaina Fotos da carreira Fotos da comida e entrega de premios

VI andaina e VI Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O domingo 10 de xuño disputarase en Esgos a carreira de montaña "VI Subida Rocas- O Eirado". A carreira, de 13 km, seguirá o mesmo percorrido ca en anos anteriores. A andaina (20 km) sairá de Esgos e pasará pola Meiroá, o mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos, Virxe do Monte, Pensos, Fondo de Vila, Casanova, Rebolar, Melón e rematará en Esgos. Pode consultarse toda a información en:  http://www.concelloesgos.com/index.php?id=165 .

Fotos da V Andaina e carreira do concello de Esgos

Imagen
As fotos da " V Andaina do concello de Esgos e Subida Rocas - O Eirado" xa se poden ver na web do concello .

V Andaina e carreira do concello de Esgos

Imagen
O domingo 12 de xuño terá lugar a "V Andaina de Esgos" e "V Carreira de montaña subida Rocas - O Eirado" . O recorrido da carreira (campionato galego de montaña) é o mesmo de anos anteriores (14 km aprox.) A andaina (20 km aprox.) deste ano varía o seu recorrido para visitar por primeira vez os pobos de Tarreirigo, Vilar, Lobaces, Gomariz e a Cernada. Máis información en www.concelloesgos.com

Fotos "Subida Rocas - O Eirado"

Imagen
Casi 500 persoas participaron onte na carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" e na andaina popular do concello de Esgos. Na carreira de montaña cada ano participa máis xente... Os 500 euros de premio para o corredor que baixara a marca do ano pasado (1h: 00':13") levounos Luis Calvo Castro cun tempo de 57':57"

Fotos da IV andaina do concello de Esgos

Imagen
Eiquí podedes ver un adianto das fotos da andaina que se publicarán nos vindeiros días na web do concello ( www.concelloesgos.com )

IV carreira de montaña e IV andaina popular

Imagen
O día 6 de Xuño terá lugar a IV Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a IV Andaina popular Concello de Esgos . A andaina (21 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 09,30 horas e rematará no mesmo lugar. A carreira (13 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 10,30 horas e rematará no alto de O Eirado, onde se porán autobuses para baixar ata Esgos. Este ano, como novidade, o corredor que mellore o tempo do gañador do ano pasado 1h:00':13" recibirá un premio de 500 euros. O percorrido das probas pode consultarse en google earth eiquí A inscripción ten un custe de 5 euros e da dereito a unha camiseta de regalo, á comida que se servirá ó rematar as probas e a participar nos sorteos de: sorteos de noites de hotel, cea de degustación, circuito SPA, bonos para canxear en tendas de deportes, packs de licores... Data límite inscrición: 2 de Xuño Toda a información e as bases poden consultarse en www.concelloesgos.com e descargar o programa eiqu...

Fotos da III andaina e III subida Rocas - O Eirado

Imagen
O pasado domingo máis de 400 persoas participaron na 3ª andaina e na 3ª Subida Rocas - O Eirado en Esgos. O percorrido da andaina de 21 km e o da carreira 14 km, por carballeiras, camiños de montaña, pobos... e o dia, ada caluroso a primeira hora da maña, fixo que a xente estivera moi animada dende o comezo. Para rematar, comida (empanada, tortilla, ensaladilla, lacón, embutido e bica) e cervexa para todos. Podedes ler os comentarios dos corredores sobre esta proba en correrengalicia . Nos vindeiros dias publicaranse as fotos na web do concello www.concelloesgos.com , pero eiquí vai un pequeno adianto. ANDAINA: Grupos de andaríns coa camiseta vermella da andaina Uns andaríns moi contentos CARREIRA: Saída Un corredor pasando pola Virxe do Monte Había que repoñer forzas...

III andaina de Esgos e III carreira de montaña

Imagen
Na web do concello de Esgos xa se poden facer as inscripcións e consultar toda a información da III Andaina do Concello de Esgos - III carreira de montaña que se celebrará o domingo 12 de xullo . A andaina sairá de Esgos e recorrerá 21 km en sentido contrario ás edicións anteriores, ata volver a Esgos outra vez. Pola contra, a carreira seguirá o percorrido que ven sendo habitual. Este ano tamén se pode ver a ruta da andaina e da carreira en google earth Para calquera dúbida, poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com

Carreira de montaña e andaina de Esgos

A III Subida Rocas - O Eirado e a III Andaina do Concello de Esgos xa teñen data: serán o domingo 12 de xullo . Toda a información sobre o horarios, inscripcións, distancias, percorrido, etc publicaranse na web do concello www.concelloesgos.com . Para máis información poñerse en contacto con José Luis no teléfono 988290040 ou a través do correo joseluis@concelloesgos.com

Fotos II Subida Rocas - O Eirado

Imagen
A continuación podedes ver algunhas fotos máis da carreira de montaña celebrada en Esgos o 8 de xuño de 2008. View Upload your own

Andaina 2008

Imagen
A continuación podedes ver algunhas fotos máis da II andaina celebrada en Esgos, o domingo 8 de xuño de 2008. View Upload your own Espero que vos gusten.

Fotos da II Andaina popular de Esgos e II Subida Rocas - O Eirado (Carreira de montaña)

Imagen
Máis de cincocentas persoas participaron onte na II andaina popular e II Subida Rocas - O Eirado (carreira de montaña do campeonato galego). Pese a que a choiva fixo acto de presencia no primeiro tramo da andaina, os participantes non se desanimaron e fixeron o recorrido que estaba fixado, eso sí, con moito, moito frío. Eiquí podedes ver un pequeno adianto das fotos que se publicarán na web do concello http://www.concelloesgos.com/

II Subida Rocas - O Eirado

Imagen
O próximo día 8 de xuño celebrarase a 2ª Subida Rocas – O Eirado . Distancia: Carreira: 14 km . Andaina: 24 km Hora de saída: A saida das probas será diante da Casa do Concello en Esgos: A andaina comezará as 9:30 h e a carreira as 10:30 h. Remate da proba: A carreira rematará en O Eirado e haberá un autobús a disposición dos corredores para baixar ata Esgos. A Andaina remata en Esgos no mesmo punto da saída. O remate das probas haberá unhos pinchos para repor forzas na Praza da Souteira. Prazo de inscricción: O prazo de inscricción remata o mercores 4 de xuño , aínda que a xente que o desexe poderá inscribirse ata o memo día da proba (sempre que haxa dorsais disponibles). Toda a información sobre a andaina-carreira está publicada na páxina do concello http://www.concelloesgos.com/ onde tamén se poden realizar as inscripcións.