Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Concurso

Lingua de Namorar 2025

Imagen
Convocado Lingua de Namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade de14 a 35 anos co que se busca dinamizar o uso da lingua galega entre as mozas e mozos nas súas relacións persoais. Pódense enviar mensaxes de amor ata o 17 de marzo! Categorías: Categoría A: de 14 a 19 anos Categoría B: de 20 a 35 anos Categoría C: de 14 a 35 anos Características das mensaxes: As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, no caso das categorías A e B, e de 200 caracteres, no caso da categoría C, incluídos os espazos en branco en ambos os dous casos. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso. Procedemento de participación: No caso das categorías A e B : Para enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na páxina do concurso ( http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar ) para o que se deberá cubrir un formulario de inscrición. Todas as mens...

A biblioteca no xornal

Imagen
  Onte o xornal La Región adicoulle unha páxina ao premio acadado pola nosa biblioteca.

La biblioteca de Esgos, premiada con el María Moliner

Imagen
La Biblioteca Pública Municipal de Esgos consigue uno de los premios del concurso de proyectos de animación a la lectura María Moliner que convoca el Ministerio de Cultura y Deporte a través de la Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura.  Esta es la quinta vez consecutiva que Esgos recibe este premio desde el año 2018. En esta ocasión con el proyecto “La Biblioteca está de moda”.  Este concurso, de ámbito nacional, tiene como objetivo premiar a aquellas bibliotecas municipales de municipios menores de 50.000 habitantes que lleven a cabo un proyecto único que incluya la animación a la lectura, la eficiencia y labor bibliotecaria, la integración social en su comunidad, así como el uso de las nuevas tecnologías. El premio está dotado con 2.777,77 euros para gastar exclusivamente en libros y revistas, lo que permitirá incrementar los fondos de la Biblioteca.

Letras Galegas 2022

Imagen
O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), que é un reflexo da cultura galega no século XX.  Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista escrito por Ricardo Gurriarán.  Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista   escrito por Ricardo Gurriarán. Para celebrar o Día das Letras Galegas na biblioteca sortearemos 4 libros escritos en galego entre todos os usuarios que realicen algún préstamo de libros entre o 2 e o 20 de maio. O sorteo realizarase o luns 23 de maio ás 19:00 horas na biblioteca e publicaranse os premiados neste blog. (1 présta...

Concurso "Lingua de namorar"

Volve un ano máis “Lingua de Namorar”, un concurso para exaltar o amor en galego. Si queres participar podes facelo a través da web de Xuventude Galega ou en Instagram (@xuventudegalicia) cumprindo co seguinte: ⁣ ❤️  Segue o perfil de Instagram @xuventudegalicia e @linguagalega⁣⁣ ⁣⁣❤️  Escribe neste post a túa mensaxe de amor en galego (máximo 200 caracteres), indicando, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título, e despois a mensaxe.  Ao final da publicación, engade os cancelos #LinguaDeNamorar e #NamorarEnPandemia e etiqueta a @linguagalega.  ❤️  Menciona tamén a dúas persoas coas que queiras compartir a mensaxe. ⁣⁣ ⁣ PRAZO: Ata o 18 de marzo. O xurado preseleccionará 6 mensaxes de entre todas as presentadas, que se someterán á votación final do público desde o 1 ao 8 de abril. ⁣⁣ ⁣⁣PREMIO: un patinete eléctrico Máis info: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

XXII Concurso infantil de postais de Nadal

Imagen
Destinatarios: Nenos e nenas de 0 a 14 anos. Requisitos:  - A postal deberá levar o nome e a idade. - Pódese empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...) e tamén se admiten postais virtuais (fotografías, TicTok, vídeos curtos...) Prazo de entrega: Ata o 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com

La biblioteca de Esgos premiada con el María Moliner 2021

Imagen
Hoy recibimos una estupenda noticia del Ministerio de Cultura: La biblioteca de Esgos, con el proyecto "Las personas que leen son peligrosas" ha sido galardonada en la edición de este año del Concurso María Moliner. El objetivo de este certamen es premiar a 370 bibliotecas de ayuntamientos de toda España de menos de 50.000 habitantes que lleven a cabo un proyecto que incluya acciones de animación a la lectura, la eficiencia y labor bibliotecaria, la integración social en su comunidad y el uso de las nuevas tecnologías. El premio que nos han otorgado este año es de 2.000 euros para la adquisición de libros de los que se beneficiarán nuestras lectores y lectores, así que enhorabuena a todos.

Plantas como agasallo polas Letras Galegas

Imagen
Este ano para celebrar as Letras Galegas organizamos un sorteo entre os usuarios , pero ao final decidimos que TODOS os participantes teredes un agasallo:  unha planta de tempada para os usuarios que  levastes en préstamo algún libro en galego durante a semana pasada.  De momento as petunias, begonias e alegrías xa están adornando os nosos andeis, pero agradecemos que pasedes a recollelas o antes posible. 

A biblioteca na prensa local

Imagen
O xornal La Región fíxose eco onte da actividade programada pola biblioteca para celebrar as Letras Galegas. Sortearemos plantas de temporada entre os usuarios para promocionar a lectura en galego. Máis información

Concurso Lingua de namorar 2021

Imagen
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia organizan unha nova edición de Lingua de namorar , un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. A iniciativa está deseñada para dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en Internet e na mensaxería instantánea.  Categorías Os participantes nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) poden enviar as mensaxes a través do  formulario do concurso .  Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco. Premios Tres premios por cada unha das categorías de idade A e B: - 1º B...

Concurso fotográfico "Sobremesas do Entroido"

Imagen
É ben certo que non hai entroido sen cocido, coa súa cachucha, lacón, chourizos… Pero que sería do entroido sen filloas, sen orellas, sen flores, sen chulas? Nestes meses que nos adicamos tanto a cociñar propoñémosvos participar no concurso de sobremesas do entroido. Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de Esgos de maneira individual ou en grupo de conviventes. Para participar, deberase enviar a info@concelloesgos.com unha fotografía entroideira do doce elaborado na casa, coma flores, filloas, orellas, larpeiras… Na foto poden aparecer os participantes ou non. O prazo para enviar as fotografías finalizará o 16 de febreiro. Entregaranse 5 premios de 30€ cada un para gastar nos establecementos de hostalería do Concello.

Sorteo, utilizas o #CarnéXove?

Imagen
Para participar neste sorteo, destinado a persoas mozas galegas con carné xove vixente, tes que: 1. Subir unha Story a Instagram dalgún produto/servizo adquirido co desconto do #CarnéXove 2. Utilizar o cancelo (hashtag) #CarnéXove, mencionar a @xuventude e indicar o nome do establecemento/marca onde fixeches a compra (se ten Instagran, menciónaa tamén) 3. Fai captura da túa participación. PRAZO: Dende as 13.00 horas do día 10 de febreiro de 2021 ata as 11.59 horas do día 25 de febreiro de 2021. PREMIO: un vale de 50 € en libros para utilizar nas librarías da Federación de Librarías de Galicia adheridas ao Carné Xove! Para máis información, consulta as bases do concurso

XXI Concurso de postais de Nadal

Imagen
Concurso dirixido a nenos e nenas de 0 a 14 anos. Tipos de postais: Postais físicas nas que se poderá empregar todo tipo de materiais (cartulina, algodón, goma eva, material reciclado...) Postais virtuais: fotografías, TicTok, vídeos curtos...  A postal deberá levar o nome e a idade. Deberanse entregar antes do 28 de decembro nas oficinas municipais ou por correo electrónico a biblioesgos@gmail.com  Co material recibido elaboraremos un vídeo que se difundirá a través das redes sociais.

Lingua de namorar 2020

Dalle renda solta a túa imaxinación e participa no concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos😍 O prazo ata o 9 de marzo. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: 1° Bicicleta pregable NILOX X2 Plus Motor 250w 2° Tablet LENOVO ZA470057SE. 10,1” 3° Cámara deportiva SUNSTECH Adrenaline O formulario para participar e máis información podedes atopala en  http://xuventude.xunta.es/

Actividades do Nadal

Imagen
XX CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 27 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data. CONCERTO DE NADAL Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello e das Pandereteiras de Rocas. Domingo 22 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel. PAZOLANDIA Xoves 26 de decembro Imprescindible anotarse no Concello antes do 23. Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 3€ para os non empadroados VISITA DOS REIS MAGOS O domingo 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XX Concurso de Postais.

Lingua de namorar 2019

As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan Lingua de namorar , un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido ás mozas e mozos de 14 a 35 anos. O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e na Internet. Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario . Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade: Categoría A (de 14 a 19 anos): Tablet SPC Gravity PRO Libro electrónico EareaderBQ Cervantes Altofalante portátil DAEWOO Categoría B (de 20 a 35 anos):  Ordenador portátil HP  Sistema de son NEVIR  Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO O prazo para enviar as mensaxes remata o 28 de febreiro. Do 1 ao...

Concurso de postais de Nadal

Imagen
Aproveitamos a visita dos Reis Magos para entregar os premios do concurso de postais de Nadal Entre os 23 participantes, resultaron premiados nas diferentes categorías Julieta, Breixo, Irea e Fernando.  Noraboa a todos!!

Actividades de Nadal

Imagen
Sábado 15 de decembro  III TORNEO DE NADAL DE XADREZ “PARADA JUSTEL”: Centro Cultural Parada Justel ás 17:00h. Xoves 20 de decembro: CONCERTO SOLIDARIO Ás 18:00h Actuación de “Os do fuelle” no centro de centro de maiores de Esgos. Domingo 23 de decembro : CONCERTOS DE NADAL Ás 11:00h Actuación da coral “CAMERATA AURIENSE” na igrexa de Vilar. Ás 12:30h Actuación de “TRIO AURIA” na igrexa de Esgos. Ás 17:00h CONCERTO DE NADAL DA ESCOLA E BANDA DE GAITAS DO CONCELLO no centro Cultural Parada Justel. XIX CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais. As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 28 de decembro.  Non se recollerá ningunha postal despois desta data.  Todos os participantes terán un agasallo. Xoves 3 de xaneiro:  PAZOLANDIA Imprescindible anotarse no concello antes do 28 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados. Saída...

Premio Maria Moliner

Imagen
Estamos de enhorabuena!!!! La Biblioteca Pública Municipal de Esgos ha sido galardonada con uno de los premios del concurso de proyectos de animación a la lectura María Moliner en municipios de menos de 50.000 habitantes (Ministerio de Cultura y Deporte). El proyecto "Lectura y mucho más" presentado por la biblioteca de Esgos incluía todas las actividades que venimos haciendo este año: celebración de días especiales (dia de la mujer, dia de las letras gallegas, dia del libro...), cuentacuentos, talleres, etc. El premio consiste en una subvención en metálico para la compra de libros, así que aceptamos vuestras sugerencias.

Dia de la biblioteca

Imagen
El Observatorio de la Lectura y el Libro, perteneciente a la Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas del Ministerio de Cultura y Deporte, para celebrar el Día de la Biblioteca quiere rendir un sincero homenaje a las bibliotecas y los bibliotecarios con una campaña en Twitter e Instagram: 'Pillado en la Biblio' , que puede seguirse con el hashtag #PilladoenlaBiblio. Animamos a los usuarios de estas redes sociales a dejarse "pillar" literalmente en las bibliotecas o que pillen, con su consentimiento, a alguien y contarnos qué han encontrado en ellas. Para ello, tendrán que enviar una foto (o las que quieran) que demuestre esa pasión por las bibliotecas y que nos enseñe lo que han encontrado en ellas. Las imágenes pueden ser en el exterior o dentro del edificio, mirando los fondos, cogiendo en préstamo algún libro u otro material, compartiendo alguna lectura en una biblioteca escolar, participando en alguna actividad, consultando l...