Letras Galegas 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), que é un reflexo da cultura galega no século XX. 

Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista escrito por Ricardo Gurriarán. 

Na biblioteca temos o libro Florencio Delgado Gurriarán : vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista  escrito por Ricardo Gurriarán.




Para celebrar o Día das Letras Galegas na biblioteca sortearemos 4 libros escritos en galego entre todos os usuarios que realicen algún préstamo de libros entre o 2 e o 20 de maio. O sorteo realizarase o luns 23 de maio ás 19:00 horas na biblioteca e publicaranse os premiados neste blog.


(1 préstamo de libro en castelán: equivale a 1 participación no sorteo
1 préstamo libro en galego: equivale a 2 participacións no sorteo)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo