Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

Manualidades de reciclaxe

Nos últimos días fixemos na biblioteca pulseras con material reciclado. Nos vindeiros días teremos que facer outra actividade semellante, porque ás nenas gustoulles moito.

XII Feira Agro Ambiental - O Pinto

Imagen
O sábado 6 de agosto celebraremos a XIII edición da feira agro ambiental en O Pinto. Nesta feira tamén haberá, como ven sendo costume unha degustación de callos.

Teatro

Imagen
A compañía Danthea Teatro presentará no concello dúas obras de teatro dentro do programa "Camiños de cultura" da Xunta de Galicia. Monicreques. As aventuras de Polichinela e a galiña negra Data: venres, 5 de agosto Hora: 21:00 h. Lugar: Local social de Vilar. Monicreques. Polichinela Titor de Pierrot Data: sábado, 20 de agosto Hora: 20:30 h. Lugar: Praza da Souteira, Esgos

Sardiñada e andaina a cargo da comisión de festas

Imagen
A comisión de festas Esgos 2011 organiza este ano como novidade, unha sardiñada popular e unha andaina nocturna. Sardiñada Venres, 29 de xullo ás 21.00 horas. Menú: Empanada, sardiñas, chourizos, bica, viño, bebidas e licores Precio: 12 euros. Nenos gratis ata os 10 anos. Entradas á venda en: Bar San Xoán, Bar O Lugar, Bar Agarimo, Peluquería Lua Chea, oficinas do concello de Esgos e membros da comisión de festas. Data límite para comprar as entradas: 27 de xullo. Andaina nocturna de Esgos Sábado, 30 de julio ás 20:30 horas. 9 km, pola ruta "Camiño Real" Inscripción: 6 euros (1 euros irá destinado á Asociación Española contra o Cancro). Número de conta: 2080 0300 82 0040004887 (nome, apelidos e teléfono) Recollida de dorsais en: COOLSPORT (Santo Domingo - Galerías Viacambre), Confitería Milhojas (Progreso, 36), TURINISPORT (Avda. Habana, 34) ou nas oficinas do concello de Esgos.

Lecer no verán

Imagen
Data: XOVES 4 DE AGOSTO Dirixido a: Nenos de 6 a 12 anos . Programación: 11:30 – 13:00: xogos e manualidades na praza da Souteira (Esgos) 13:00: paseo (Esgos – Tarreirigo por camiño entre carballeiras) e xantar en Tarreirigo 15:30: paseo (Tarreirigo – piscina municipal por camiños) e xogos na piscina 18:30: finalización da actividade Equipamento básico para os nenos: Roupa e calzado cómodo Viseira Xantar (bocadillo / froita / bebida) Protección solar Traxe de baño, toalla e chanclas (para que non vaian cargados, poden deixar esto na praza da Souteira e entregaráselle na piscina) Os pais deberán firmar unha autorización para que os nenos poidan asistir a esta actividade (O modelo poden recollelo na biblioteca, na piscina ou solicitalo por correo electrónico a esgos@rbgalicia.org) Lecer no verán é unha actividade da Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo na que colabora o Concello de Esgos.

Doazón de sangue

Imagen
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue . Data: Xoves, 14 de xullo Horario: De 12:30 a 14:00 horas Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos Máis información no teléfono 900 100 828, na web http://ctg.sergas.es/ ou no mail doadoressangue.ctg@sergas.es