Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

Novas incorporacións ao catálogo

Imagen
  O comezo do curso escolar trae novas incorporacións ao catálogo da biblioteca cos libros de lectura obrigatoria nos colexios e institutos. Ademais tamén mercamos algúns libros por solicitude dos usuarios. Todas as novidades poden consultarse en:  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Autodefensa para mulleres

Imagen
Os servizos sociais do Concello de Esgos poñen en marcha unha nova sesión de autodefensa para mulleres, que impartirá Lorena Gómez Cid. A clase terá lugar o sábado 7 de outubro no Centro Cultural Parada Justel ás 17:00h. Para asisitir é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.

Outro xeito para os libros

Imagen
  Que podemos facer cos libros que xa non queremos? A primeira opción debería ser doalos, a unha asociación por exemplo e a última reciclalos no contedor do papel, pero tamén podemos darlle outro uso e de eso vai o obradoiro que vos propoñemos: facer "obras de arte" a partir de libros vellos. Con "libros vellos" referímonos a libros que estén destinados ao lixo, por exemplo libros estropeados polo uso o a humidade. Por nada do mundo se nos ocorrería facer esta manualidade con libros en bo estado ou que podan servirlle a alguén. Cada participante recibirá todo o material necesario para, mediante técnicas de dobrado transformar un libro nunha escultura de letras. - Xoves 5 de outubro ás 17:30h. Inscricións na biblioteca.

Mercadillo veciñal de segunda man

Imagen
O Concello de Esgos organiza un Mercadillo veciñal co obxectivo de fomentar o intercambio e reutilización de obxectos de segunda man e a comunicación e convivencia entre os veciños. Esta primeira edición do Mercadillo Veciñal de segunda man levarase a cabo en praza de Saa e Praza do Afiador durante a xornada do domingo 24 de setembro, dende as 11:00 ata as 19:00 horas.

Proximamente na biblioteca: dobrado de libros

Imagen
  Gustaríache aprender a técnica de dobrado para transformar libros en esculturas? Cada participante fará a súa propia obra, para eso usará un libro e o material necesario para medir, dobrar e cortar (lápiz, goma, tesoiras e regra). Seguindo as medidas, e grazas ás explicacións poderás conseguilo! Apetéceche participar? Nos vindeiros días abriremos o prazo para inscribirse. Esta actividade está destinada á mocidade e adultos.