Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2022

Novas incorporacións ao catálogo

Imagen
Este mes de setembro incorporamos á biblioteca novelas, comics, libros infantís e libros de lectura obrigatoria nos institutos.

Axudas para o pago do permiso de conducir

Imagen
Mañá abre o prazo para que a mocidade solicite as axudas da Xunta de Galicia para o pago do permiso de conducir. A subvención será de 400 euros para o carné de tipo B, 650 para o de tipo C e 1300 para o tipo D. Requisitos (no día de presentación da solicitude): -Ter cumpridos os 18 anos - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. - Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. - Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude. Prazo e forma de presentación: Ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Documentación que debe presentarse coa solicitude: -Autorización te

A biblioteca no Faro de Vigo

Imagen
O pasado mes de maio fixéronnos unha entrevista e unhas fotos na biblioteca co gallo do Premio María Moliner concedido ás biblitoecas de Ourense no 2021. A reportaxe publicouse o pasado domingo no Faro de Vigo e tamén está dispoñible online en  https://www.farodevigo.es/

Teatro: O mercado está louco

Imagen
O Grupo de Teatro do Centro Sociocomunitario de Maceda, representará en Esgos a comedia "O mercado está louco" Venres 30 de setembro Ás 20:15 horas Centro Cultural Parada Justel, de Esgos

Axudas para as familias do Concello

Imagen
O concello de Esgos ven de publicar unha liña de axudas para as familias con fillos menores de 5 anos: Axudas á escolarización 90 euros por neno/a matriculado nos cursos de 4º,5º e 6º de Educación Infantil (3,4 y 5 años). Serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de material escolar e complementario que sexa necesario como consecuencia da escolaridade: Material escolar funxible: cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, cartafoles, tinta de impresora… Material complementario: regras, estoxo, mochilas. Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns. Roupa de abrigo e calzado. Máis info en:  https://concelloesgos.com/axudas-a-escolarizacion/ Axudas á natalidade 500 euros por nacemento, adopción ou acollemento de menores acaecidos nos anos 2021 e 2022. Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como: Vestimenta, calzado… Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o bebé. Produtos sanitar

Formación en Agenda 2030 y emprendimiento juvenil en el medio rural

Imagen
  Formación online gratuita dirigida a jóvenes de entre 18 y 35 años, pero cualquier persona puede participar, tanto si tienes una idea previa de negocio como si únicamente te sientes atraído/a por la idea de emprendimiento y quieres valorar la posibilidad de dar el paso. El curso, que consta de 4 semanas de duración, es gratuito y cuenta con la certificación de Naciones Unidas.  Módulo 1. Jóvenes y emprendimiento en el medio rural Módulo 2. Emprendimiento sostenible e innovación Módulo 3. Pasos a seguir para emprender Módulo 4. Financiación del emprendimiento Más info en:  http://www.redr.es/es/cargarAplicacionNoticia.do?texto=&identificador=34606&fechaDesde=&idCategoria=0&fechaHasta=

Tapones para una nueva vida

Imagen
  ¿Sabes a dónde van a parar los tapones que recogemos en la biblioteca? Colaboramos con la  Fundanción Seur   que gracias a todos los Taponeros acaban de alcanzar las 20 toneladas de tapones para poder ayudar a Leo, un niño de 8 años que padece la enfermedad de Hirschusprung y Síndrome de Down. El pasado 7 de julio, desde Fundación SEUR, le entregaron la aportación de 3.200€, con la que podrá realizar sus sesiones de terapia acuática. Y ahora comienza un nuevo reto: Izan necesita tus tapones. ¡Contamos contigo!

Bolsa de agasallos para os novos usuarios

Imagen
Facerse usuario da biblioteca ten "premio": Cada novo usuario recibirá unha bolsa de agasallo con pequenas sorpresas. Agardámoste! (Ata esgotar existencias)

Actividades da asociación de mulleres

Imagen
A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza para o mes de setembro dúas actividades dirixidas a todos os veciños e veciñas, sexan socias ou non. 👉CLASES DE ZUMBA: martes 13, martes 20 e martes 27.  👉OBRADOIRO DE TELLAS VALENCIÁS: xoves 15, xoves 22 e xoves 29 de 17:30 a 19:30h. O prezo deste obradoiro é de 10€. -------------------------------------------------------------------------------- De OUTUBRO a XUÑO teñen previsto realizar as seguintes actividades:  XIMNASIA MANTEMENTO: luns e mércores 16:30-17:30 (solo socias) GAP:miércoles20:30-21:30 (actividade aberta a tod@s os veciñ@s) PILATES: martes e xoves 20:30-21:30 (solo socias) PANDEIRETA: xoves 18:00-19:30 (solo socias) Para calquera dúbida o aclaración poden chamar a Chus (665957113)

Setembro: Mes dos xogos de mesa

Imagen
Despois do éxito que tiveran os " meses dos puzzles ", este mes de setembro queremos adicarllo aos xogos de mesa. Comezaremos este venres día 9 a xogar á "Torre de sillas", un xogo de equilibrio e habilidade. Nas vindeiras semanas xogaremos ao "Gestos", ao "Pictionary" e ao "Scrabble". Os xogos poderán levarse despois para a casa para xogar en familia.

Volta ao cole

Imagen
  A volta ao cole supón un importante desembolso para as familias: aos libros, ao material, aos uniformes, etc  hai que sumarlle tamén os libros de lectura obrigatoria para os diferentes cursos.  Dende a biblioteca queremos, un ano máis ofrecervos todos os libros de lectura obrigatoria, así que xa sabedes... canto antes nos facilitedes a lista dos libros moito millor.

Curso de gaita e percusión

Imagen
  O vindeiro sábado 3 de setembro ás 16:15 horas terá lugar a presentación do novo curso de gaita, pandereta e percusión. As clases, que están dirixidas a nenos, nenas e adultos, impartiranse os sábados ás 16:15 horas no local de ensaio situado na Praza da Souteira (Esgos).

Últimas incorporacións ó catálogo en galego

Imagen
  Comezamos o mes de setembro co novo horario de tarde na biblioteca e engadindo ó catálogo comics e libros en galego