Axudas para o pago do permiso de conducir



Mañá abre o prazo para que a mocidade solicite as axudas da Xunta de Galicia para o pago do permiso de conducir.
A subvención será de 400 euros para o carné de tipo B, 650 para o de tipo C e 1300 para o tipo D.

  • Requisitos (no día de presentación da solicitude):
-Ter cumpridos os 18 anos
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
  • Prazo e forma de presentación:
Ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta liña de subvencións: https://www.xunta.gal/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Novo servizo de mensaxería

Nova imaxe e servizos da Rede de Bibliotecas de Galicia

Novidades de marzo