Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

Vacacións de Nadal

Imagen
A biblioteca estará pechada durante as festas do Nadal, dende o luns 22 de decembro. En xaneiro despois de todas as actividades voltaremos a abrir ó público e comezaremos os talleres de informática para maiores. Bo Nadal e feliz ano!

Actividades de Nadal

O Concello de Esgos organiza para este ano diversas actividades: concertos, maxia, concurso, etc. Domingo 21: Actuación da coral Camerata Auriense durante e despois da misa de 12 en Esgos Concerto de Nadal da banda e a escola de gaita de Esgos ás 18:00 horas no Centro Cultural Parada Justel Venres 26: Concerto “Canto Libre” (Rosa Leiro Chazo & Juan Carlos Cambas - Pianista Arxentino): ás 19:00 horas no Centro Cultural Parada Justel Domingo 28: Actuación do “Mago chirleta” e operación kilo ás 17:00 horas no centro cultural Parada Justel. Aproveitaremos esta actividade de maxia infantil para facer unha operación kilo: recollida de alimentos non perecedeiros para as familias máis necesitadas do concello. Martes 30: Pazolandia Imprescindible anotarse no concello antes do 26 de decembro. Esta actividade é gratuita para os nenos empadronados e ten un custe de 3€ para os non empadronados Luns 5 de xaneiro: Visita dos Reis Magos Ás 12.00 horas no centro cultural Parada Justel, os Reis

Fotos do curso de tecido

Imagen
As mulleres da asociación "Os Picotiños" asistiron o sábado á segunda parte do curso de tear maia.

II Curso de tecido con tear

Imagen
O sábado 13 de decembro ás 5 da tarde, as mulleres da asociación Os Picotiños poderán asistir á segunda parte do curso de tecido con tear maia , que nesta ocasión se impartirá no local social de Esgos. Trátase dunha continuación do curso que xa se impartiu no mes de marzo, así que as participantes deberán traer o seu tear e as suas madeixas de la.

Presentación do libro "Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz - Maceda

Imagen
Hoxe presentouse en Esgos a monografía Nº 2 da SAGA ( Sociedade Antropolóxica Galega ), Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda . Interviron Jose Antonio Gavilanes Blanco, autor do libro e Miguel Losada, secretario da SAGA.  Ó acto, que asitiron unhas 60 persoas había alcaldes dos concellos que saen no libro, familiares, amigos e veciños.

Charla sobre hábitos nutricionais

Imagen
O pasado sábado as mulleres da asociación "Os Picotiños" puideron asistir a unha charla-coloquio sobre hábitos nutricionais a cargo da Escuela de Salud Félix Delgado, de Ourense. Esta charla é unha das últimas actividades  organizadas pola asociación para este ano. No mes de decembro levarase a cabo a segunda edición do taller de tecido con tear.